ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


A baloira dos días

*Na Coruña pode verse estes días unha exposición de narices

Chuza! esta nova!
Un artigo de Xoán Costa Casas (08/11/2007)

O nariz, os narices, motivo de burla nos Cancioneiros medievais, na literatura renacentista; obxecto de desexo para as clínicas de cirurxía estética, sempre motivo de desgusto e de descontento con nós mesmos. Nariz grego, nariz aguzado, nariz, de Cyrano a Pinocchio, sempre esa protuberancia que forma parte do sistema de respiración de algúns vertebrados, a condicionar a nosa actitude ante a vida. Un sentido tan importante como ignorado ou desprezado no mundo da arte. Falar polo nariz, fregar ao nariz. O nariz que leva todos os golpes cando batemos na porta, ou na farola; cando alguén nos deixa cun palmo de narices. Narices famosos, narices de pallasos, pallasos de narices. Até que un día estamos até os narices de todo, de nós mesmos, e nos colocamos un nariz vermello ou verde e con ese atuendo, de repente, xa podemos rir de nós e, por suposto, dos outros, que ten máis graza.

O nariz ten por fin un lugar no mundo das exposicións. Talvez caiba fechar os ollos e percibir, aínda que sexa momentaneamente, as esencias da arte a través do nariz. Tapamos moitas veces o nariz perante certas cousas e non temos que seguir facéndoo. Porque hai cousas que se fan a narices, ou por narices. Xa ten narices que a exposición sexa en María Pita, casa especializada en pór, a narices, unha certa protuberancia diante do nome da cidade.

Voltar a Opinión
Ir á Portada

Xoán Costa Casas

Xoán Costa Casas (Trasmonte-Oroso 1956). Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago. Profesor de Lingua e Literatura Galega e no IES Menéndez Pidal da Coruña desde 1985. Desde xaneiro de 2000 é Presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega desde onde traballa na organización de xornadas, congresos e diferentes actividades...[ler máis]

Outros artigos de Xoán Costa Casas:
*En castelán entenden igual (29/05/2007)
*Camiño de Damasco (12/05/2007)
*Espírito de diálogo (04/05/2007)
*Matanzas (17/04/2007)
*Aí ven o maio, de votos cuberto (20/03/2007)
*Punto de partida ou punto de encontro? (09/03/2007)
*Sentenzas (24/02/2007)
*Secesión e autodeterminación (02/02/2007)
*Prensa galega (25/01/2007)
*Lingua e Estatuto (15/01/2007)
*Estatuto e laicismo escolar (05/01/2007)
*Inqueritocracia e democracia (26/12/2006)
*Galiza está mal colocada (17/12/2006)
*A nación é un feito e non unha idea (11/12/2006)