ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*Xoán Costa Casas


Xoán Costa Casas XOÁN COSTA CASAS (Trasmonte-Oroso 1956). Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago. Amplía estudos na Universidade de Lisboa durante o curso 1981-1982.

Profesor de Lingua e Literatura Galega no IES de Canido (Ferrol) durante os anos 1982 e 1983; profesor no IES de Elviña ( A Coruña no ano 1984) e no IES Menéndez Pidal da Coruña desde 1985.

Director entre 1985 e 1987 da Revista Agália.

Autor de estudos e artigos sobre lingua e sobre literatura galega presentados a diferentes congresos (Congreso Internacional da Lingua galego Portuguesa na Galiza, Congreso Castelao, Xornadas de Lingua e Literatura, Xornadas de dinamización lingüística, etc) e colaborador en publicacións periódicas de Galicia ( A Nosa Terra, Luces de Galiza, Terra e Tempo, Galicia Hoxe, etc)

Foi membro da Dirección da Federación do Ensino da Confederación Intersindical Galega (CIG) , traballando durante oito cursos como liberado na comarca da Coruña, e responsábel de publicacións.

Entre as publicacións cabe destacar:

-Como membro da Comisión de Lingüística da AGAL participa na elaboración do Estudo crítico das Normas Ortográficas e morfolóxicas do Idioma Galego (1983) e do Prontuario Ortográfico galego (1985);
-Co-autor da Nova gramática para a aprendizaxe da Lingua (1988);
-Co-autor e coordenador dos volumes de gramática aplicada ao ensino Actividades de léxico (I e II), Actividades de construción gramatical e Actividades de expresión oral e escrita (1990-1991-1992);
-Autor, xunto con Pilar Garcia Negro, do libro O ensino da Lingua: por un cambio de rumo. Introdución Teórica e Unidades didácticas (1995);
-Co-autor e coordenador dos materiais Lingua e Literatura para os cursos 1º, 2º, 3º e 4 de ESO (1996-1997) e 1º e 2º de Bacharelato.

Desde xaneiro de 2000 é Presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega desde onde traballa na organización de xornadas, congresos e diferentes actividades.

Voltar a Opinión
Ir á Portada


Artigos de Xoán Costa Casas:
*En castelán entenden igual (29/05/2007)
*Camiño de Damasco (12/05/2007)
*Espírito de diálogo (04/05/2007)
*Matanzas (17/04/2007)
*Aí ven o maio, de votos cuberto (20/03/2007)
*Punto de partida ou punto de encontro? (09/03/2007)
*Sentenzas (24/02/2007)
*Secesión e autodeterminación (02/02/2007)
*Prensa galega (25/01/2007)
*Lingua e Estatuto (15/01/2007)
*Estatuto e laicismo escolar (05/01/2007)
*Inqueritocracia e democracia (26/12/2006)
*Galiza está mal colocada (17/12/2006)
*A nación é un feito e non unha idea (11/12/2006)