ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cinema
Foros
Ligazóns


Contradiscurso

* Valadés e o medo á democracia

Chuza! esta nova!
Un artigo de Xabier Pérez Igrexas. (26/03/2007)

Pedro Gómez Valadés reaparece novamente no cenario mediático. Desta volta cun artigo de opinión publicado no Faro de Vigo, no que baixo o título "As minorías sí teñen direitos", tenta retrucar o artigo de Guillerme Vázquez publicado no mesmo medio días atrás coa cabeceira "Caza de bruxas e dereitos das minorías".

Un novo capítulo máis nesta escalada de abafante intoxicación que Valadés, intensifica previa a chegada dunha Asemblea Comarcal, que de maneira incomprensíbel, tratandose dun autoproclamado "demócrata" que se presenta como abandeirado dos direitos fundamentais, teme con pavor. E envalentonado por ese medo, xoga ao de sempre: tentar desesperadamente dimensionar fora do ámbito de decisión (organismos internos do BNG) o que non é representativo dentro, collendo como aliados conxunturais aos afeizoados do BNG á carta, aos que me refería no meu primeiro artigo en Xornal no xullo do 2004. (http://www.xornal.com/article.php3?sid=20040721143254)

Xa o fixo na campaña do referendo sobre o tratado constitucional europeu, facendo unha campaña contraria ao posicionamento democraticamente acordado polos órgaos do BNG, en contra dunha constitución reaccionaria, regresiva e que consolidaba un modelo neoliberal. Mais Pedro apostou publicamente polo sí firme, e fixo campaña nesa dirección.

O direito a discrepar interna e publicamente é algo inherente ao funcionamento plenamente democrático que caracterizou e caracteriza ao Bloque Nacionalista Galego. O problema non é o direito en sí, que malia afirmacións tendenciosas ninguén cuestiona, senon a leitura capciosa e o uso abusivo que algunhas persoas fan del, desvirtuando de pleno o propio dereito, cun exercicio irresponsábel e infantil.

É evidente que as actuacións públicas de Gómez Valadés, amparandose nun aparello mediático globalmente hostil ao nacionalismo como proxecto político, e concretamente ao BNG como expresión organizada dese proxecto, é algo enxuizábel por ser unha actitude en esencia contraria aos intereses do propio Bloque, e máis ás portas duns comicios municipais. Algúns seguen a traballar para o inglés, por puro ego.

Valadés disparou a gusto contra Vázquez, cando Guillerme só saia ao paso das graves acusacións que verquera Pilar Rahola nun artigo contra do BNG.

Novamente Pedro Gómez Valadés, e o seu entorno, demostran cal é o seu grao de compromiso co proxecto común.

Por suposto que as minorías teñen direitos, máis en democracia os acordos tomanse en base as decisións da maioría, algo que parece non ser entendido. E é que a algúns venlle mal a democracia, cando van perdendo...

Voltar a Opinión

Ir á Portada

Xabier Pérez Igrexas


Xabier Pérez Igrexas é ex-secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes (CAE) e foi membro da súa Executiva Nacional. Foi tamén membro da Dirección Nacional de Galiza Nova. Na actualidade participa no movemento veciñal vigués, e colabora con artigos de opinión en diferentes medios de comunicación.

Outros artigos deXabier Pérez Igrexas:
*O Caso Valadés: individuo vs colectivo, discrepancia vs disidencia (14/03/2007)
*Vigo: a hora do benestar (16/09/2006)
*Bóveda. Somewhere over the raimbow (26/08/2006)
*A labazada do SÍ catalán (20/06/2005)
*Outra democracia
*Menos discursos, máis igualdade (08/03/2005)
*Non todo vale, Galiza merece máis (04/03/2005)
*Galiza paga o pato, de novo (16/02/2005)
*Vinte minutos por Europa (11/02/2005)
*Papanatismo antidemocrático (06/02/2005)