ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cinema
Foros
Arquivo
Ligazóns


*Papanatismo antidemocrático

Un artigo de Xabier Pérez Igrexas. (06/02/2005)

Quen afirme que a disensión, que a discrepancia, que a oposición ou a confrontación de ideas (nun marco de convivencia), resultan antidemocráticos ou que poñen en perigo a esencia mesma da democracia, deturpan de cheo o propio concepto.

Estamos a viver momentos "democráticos" difíceis. A ausencia de cultura democrática, e cívica, destacadamente en lideres dos partidos estatais, converten cada debate nun horror que se debe evitar. Dicia o incalificábel José Blanco, que o lehendakari (que é o Presidente do Governo Basco, máximo órgao executivo de Euskadi, eleito democráticamente) demostraría a súa convicción democrática retirando a proposta do Parlamento de Vitoria de reforma do Estatuto. Inadmísibel manipulación, imperdonábel estupidez dun dos lideres da "esquerda" española, que só se pode entender nun estado non normalizado democraticamente despois de 30 anos de "transición". Se extrapolamos ese nulo razonamento do amigo "pepe" (a coincidencia co acronimo do Partido Popular, é casual, non?) a todas as esferas da vida social e política, trasladámonos á anti-democracia.

"Sr. ciudadano sea demócrata, no cuestione, no critique, no proponga (sobre todo cosas molestas), y vote SÍ cuando se lo pidamos, confie, no moleste" Lemas así rezarán en futuras campañas institucionais que un griposo Moratinos nos apresentará publicamente, inda que Bono pode que sexa o máis axeitado...

Pero aquí na Galiza, o sucursalismo de Fraga foi evidente durante a era Aznar, tan perxudicial a propósito para os intereses do noso país, e agora tocalle o turno a Emilio P.P. Touriño, desculpen colouseme unha segunda pé, o subconsciente traiciona.

Que un lider político, que aspira a representar o cambio político na súa comunidade, se atreva a calificar posicións de disensión democrática de "propias da extrema dereita", é ademáis dunha supina imbecilidade, unha inadmisíbel insensatez. Dar por natural unha ou outra posición dentro dun debate social e político, desnaturaliza a propia democracia, na que con "talante" deben convivir pluralmente diferentes opinións e perspectivas, ás veces encontradas, pero necesearias todas.

Ningún cidadán cabal, maduro e responsábel, xa non digo responsábel político, digo mesmamente cidadá ou cidadán, se atrevería a entrar nese burdo e sucio xogo de descalificación. Somos moitas/os as/os que agardamos de quen pretende ser Presidente da Xunta, polo PSOE, que manifeste esa mesma valentia, demostrada agora como total imprudencia e desvarios verbais, nun dabete serio, aberto, sen circunloquios, sobre a consulta do tratado constitucional.

Fronte ao papanatismo non democrático, Quintana demostra estar máis á altura, institucional, política, intelectual e social do debate, sobre Europa, sobre o PEIT, sobre os orzamentos estatais, ou sobre o tan necesario Novo Estatuto. Demostra así que quen non exerce de mera sucursal na "colonia" ou rexión, quen non nada debe na "metropole" (ou ferraz/génova) ten do seu lado todas as razóns democráticas para defender o que xustamente merecemos as galegas e os galegos. O Nacionalismo Galego volta ser outra vez o verdadeiro aparello de estado da nosa nación.

Voltar a Opinión
Ir á Portada

Xabier Pérez Igrexas


Xabier Pérez Igrexas é ex-secretario xeral dos Comités Abertos de Estudantes (CAE) e foi membro da súa Executiva Nacional. Foi tamén membro da Dirección Nacional de Galiza Nova. Na actualidade participa no movemento veciñal vigués, e colabora con artigos de opinión en diferentes medios de comunicación.

Outros artigos deXabier Pérez Igrexas:
*Vigo: a hora do benestar (16/09/2006)
*Bóveda. Somewhere over the raimbow (26/08/2006)
*A labazada do SÍ catalán (20/06/2005)
*Outra democracia
*Menos discursos, máis igualdade (08/03/2005)
*Non todo vale, Galiza merece máis (04/03/2005)
*Galiza paga o pato, de novo (16/02/2005)
*Vinte minutos por Europa (11/02/2005)
*Papanatismo antidemocrático (06/02/2005)