ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Arroutadas do ambiente

*SALVE RADIO GALEGA!

Chuza! esta nova!
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/01/2006)

De viaxe, no meu coche veño de escoitar a Xurxo Souto, no seu ameno "aberto por reformas", anunciando a nova programación da nosa radio. ¿Nosa?. Confeso que até de agora non a sentia como tal.

A única xustificación de que nos gastemos unha boa chea de diñeiro en Radio e Televisión de Galiza, supoño eu que será a da elaboración das noticias desde Galiza, o cultivo da nosa cultura, da nosa lingua, e en fin de todo aquelo que reafirme a nosa identidade como País.

Despois de oir a Xurxo Souto, podo decir: ¡Sexades ben vindos! Benvinda a fermosa lingua, coas sua sete ou mais vogais. Benvinda a música, esquecida (ou ocultada) da que somos un país tan rico e variado. Benvinda a ciencia en galego. Benvinda a cultura, en galego. Benvinda a criatividade inmensa que apenas alviscábamos mas que, estaba ahí minusvalorada ou silenciada. Benvindos por fin ao agromar dunha sociedade normal que se acepta a si mesma e que, finalmente, aprenderá a quererse e respetarse.

Diremos lle por fin adeus á diglosia , ao galego de 5 vogais castellanizado, ao mimetismo informativo, ao desdebuxamento da nosa Terra . A ignorancia de Portugal como prolongación cultural e lingüística, a nosa Europa mais próxima?

Agardamos, coa nova Radio Galega, mil primaveiras mais para a nosa lingua e a nosa cultura.

Ánimo a todos os que estades comprometidos nesa empresa. Amalia, Pepe, Xurxo...Coñecedes o valor educativo e cultural que teñen os medios de comunicación. Que esta capacidade serva para coñecérmonos mellor, condición indispensable para facer de nos mellores cidadans, comprometidos có noso País e solidarios con os demais. Non ensalzo a soberbia, mas si o orgullo de pertencer a un povo con historia e cultura propias tan digna como a de calquera outro. O que non ten ren, nada pode dar. Reinvindico a nosa capacidade de compartir desde a nosa realidade de sermos.

Adiante. Saúde e Terra.

Voltar a Opinión
Ir á Portada

Adela Figueroa Panisse

Adela Figueroa Panisse é Presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Catedrática de Bioloxia/Xeoloxia no IES Lucus Augusti, Lugo.

Outros artigos de Adela Figueroa Panisse:
*Transportes de terceiro mundo: outra traxedia para Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (26/08/2006)
*Evidentemente algo fallou, na prevision, e Galiza arde Un artigo de Adela Figueroa Panisse (11/08/2006)
*Lua chea de veran compite có lume para alumer Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/08/2006)
*Lóuzara e Fiz Vergara Vilariño Por: Adela Figueroa Panisse (27/06/2006)
*Os bons mestres: Lembranza de Don Gregorio Por: Adela Figueroa Panisse (03/05/2006)
*Primavera: renovación e promesa da vida Por: Adela Figueroa Panisse (20/03/2006)
*Urbanismo descontrolado: privatizar... Por: Adela Figueroa Panisse (01/03/2006)
*Rios vivos: A seiva da Terra Por: Adela Figueroa Panisse (31/01/2006)
*SALVE RADIO GALEGA! Por: Adela Figueroa Panisse (09/01/2006)
*Dazaoito de xullo. 69 anos despois Por: Adela Figueroa Panisse (18/07/2005)
*Un outro mundo é posible: Galiza tamén Por: Adela Figueroa Panisse (27/04/2005)