ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Arroutadas do ambiente

*Rios vivos: A seiva da Terra

Chuza! esta nova!
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (31/01/2006)

Rebenta rio,
non deixes
Que te maten
As cachoeiras da vida.

...............

No sábado pasado (28/xan/06) tivo lugar en Santiago, no Museu do Povo Galego unha xornada pola defensa dos nosos rios.

Neste intenso dia de traballo apresentouse, explicouse , discutiuse e valorouse a I.L.P (iniciacita lexislativa popular) para a defensa dos rios galegos. As xornadas discurriron entre a valoración cuantitativa e cualitativa dos nosos rios e , en xeral dos rios como veas de vida e de cultura.

Ficou demostrado que o noso vencellamento aos rios non é unicamente económico, biolóxico ou cultural. Vai mais aló. Ten que ver con a nosa vinculación afectiva á terra que fertilizan da que dependen e son tamen eles dependentes.

Nestas xornadas abarcouse toda a problemática entorno aos rios en xeral e aos galegos en particular, desde diferentes cuadros de referencia.

O marco legal en que se definen os eixos básicos da ILP en Defensa dos Rios, os usos tradicionais e novas posibilidades de usos dos rios, a problemática ambiental, de aproveitamentos non sustentaveis, encoros, e contaminación das augas continentais, as suas posiveis correccións e alternativas. Tamén a grande biodiversidade asociada aos rios, que fai que muitas especies esten en grave perigo de extinción e monstra cantas estan ainda por coñecer, e os aspectos asociados á chama “Nova cultura da Auga”, termo hoxe aceitado e estendido entre a xente que traballa no campo ambientalista, e que foi acuñado por Xavier Martinez Gil, un dos participantes a esta Xornada.

Gustaríame facer unha valoración global deste evento, en que os rios aparecen como paradigma de interdisciplinariedade e multidisciplinariedade. Os rios monstran que o obxectivo mundo da ciencia e o subxectivo dos sentimentos teñen un lugar común. A nosa ligazón afectiva con os rios vai desde o noso tempo actual até as nosas experiencias infantis mais queridas. Quen non se bañou nun rio? Quen non andou nun batuxo do Miño ou nunha piragua, kayac, Zodiac?. A todos os que ainda non o fixeron, convidoos a facelo, polo menos unha vez na vida.

Os rios regan os nosos campos, dannos auga para beber e para lavarnos, dannos luz, moven os muiños, levan as barcas, crian peixes, deixanse nadar e cruzar por caneiros ou fermosas pontes. Neles peiteaban os seus cabelos as mouras das antigas lendas, e eran habitados por ondinas encantadas…

Somos un país que ama as augas e as pedras. O desenvolvimento sustentable ten a responsabilidade de manter os nosos rios vivos para nos e para nosos fillos.

................
Así vivo,
Salvaxe, xogueton e verde
Ficarás sempre preso
Nas meninhas
Dos nosos ollos


Adela Figueroa Panisse é Presidenta de ADEGA. Entidade coorganizadora da Xornada.

Voltar a Opinión
Ir á Portada

Adela Figueroa Panisse

Adela Figueroa Panisse é Presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Catedrática de Bioloxia/Xeoloxia no IES Lucus Augusti, Lugo.

Outros artigos de Adela Figueroa Panisse:
*Transportes de terceiro mundo: outra traxedia para Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (26/08/2006)
*Evidentemente algo fallou, na prevision, e Galiza arde Un artigo de Adela Figueroa Panisse (11/08/2006)
*Lua chea de veran compite có lume para alumer Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/08/2006)
*Lóuzara e Fiz Vergara Vilariño Por: Adela Figueroa Panisse (27/06/2006)
*Os bons mestres: Lembranza de Don Gregorio Por: Adela Figueroa Panisse (03/05/2006)
*Primavera: renovación e promesa da vida Por: Adela Figueroa Panisse (20/03/2006)
*Urbanismo descontrolado: privatizar... Por: Adela Figueroa Panisse (01/03/2006)
*Rios vivos: A seiva da Terra Por: Adela Figueroa Panisse (31/01/2006)
*SALVE RADIO GALEGA! Por: Adela Figueroa Panisse (09/01/2006)
*Dazaoito de xullo. 69 anos despois Por: Adela Figueroa Panisse (18/07/2005)
*Un outro mundo é posible: Galiza tamén Por: Adela Figueroa Panisse (27/04/2005)