Publicidade
Contacto
|
Arroutadas do ambiente
*Primavera: renovación e promesa da vida

Un artigo de Adela Figueroa Panisse (20/03/2006)
Sempre volta. Mesmo nos piores tempos, ela volta pintar os campos, os montes e as veiras dos regatos. Xa nola anunciou o entroido xocalleiro, mália a neve e o frio que pasou por el de relance. Algo atrasada, según decian polas terras do Rosal onde xa hai mais de quince dias as mimosas mareleaban as encostas das veiras do Miño,en competencia cos toxos en flor. Nesoutro dia que pasei por Ribadavia, vinna enchendo de cores o Ribeiro. Até en Lugo a cidade de aceiro e de mel (Lourenzo Varela), os guindos rebentaban de frores rosas aportando a sua dozura ao desastroso trazado urbanístico da vila. As cores da paisaxe retoman o verde tímido das follas novas que agroman nos carballos, ou nos ponpons ovais das frores dos salgueiros.
Renovación e promesa do reventar da vida. Os Iranis, antigos Persas, celebran o seu anonovo nestes dias (20 de marzo). Tamén o celebrarian na Mesopotamia, en Irak se poidesen.
Nestes dias non podo deixar de lembrar outro 19 de marzo de hai tres anos.Dia do pai para os cristianos, en lembranza daquel outro pai paciente e sacrificado o San Xosé. Un xoves, no medio da semana, e aproveitando unha fermosa noite de luar como calquera daquelas en que Sherezade relataria os seus contos ao Sultan, a aviación américana bombardeou Bagdag mentras o povo dormia.
Os representantes do chamado mundo libre, os mercaderes de armas, comerciantes de poder político, en nome da libertade desataron as furias sobre un povo que vive mergullado desde aquela no caos. Abriuse a caixa de Pandora no xardin do paraiso. Un paraiso xa deturpado pola dictadura do Sadan Hussein .As pobres xentes do Irak foron guindadas do pote para o lume.
A pesar dos numeros repetitivos de mortos e feridos do dia a dia, non esquezo que eses datos corresponden a persoas. Cada un deses mortos tivo unha vida, un pai, unha nai, irmans, ou fillos. Riu, cantou e chorou ,como canto, rio ou choro eu e os meus. Naquelas terras tamén chega a primavera, ainda que agora apareza difuminada entre a poeira das bombas. Nalgún dia hanna de ver no seu explendor de sempre como nola ofrece ainda a nos esta fermosa terra nosa, naqueles espacios que fican sen degradar.
DESABROCHOU A PRIMAVERA
Desabrochou a primavera
No seu día,
Pontual;
Mais a semana quebrou
E o tempo partiu
en dous:
A lua guía as bombas
E a luz ilumina
A noite de Bagdag.
A noite,
O escuro.
No nome de Deus
uns matan
outros morren
Polo estoupar de bombas intelixentes
Quen devolverá o riso dos nenos ?
Quen lhes devolverá o tempo
E a vida,
A Shafiya,
A Ahmed
Que xogaban no patio?
A John,
A Charlie?:
O seu avión caiu.
Os dólares non poden
Dar vida.
Só valen para comprar
Tanques, canhons,
Bombas de precision,
Intelixentes:
O poder
Lugo na primavera de 2003.
FALUYA
Madre, irma ,amiga,
MAI!
Fillas de todas as mais do mundo,
Mortas en Faluya.
Lumieiras sob as bombas asesinas
Morte horror e fame
Nas esquinas.
Dunha cidade feita escombro
Refugallo de amores e tixolos.
Entre o fume e o fedor da morte
Meniños feitos homes
E nenas de ollos asustados
Apenas alcanzan
Ollar a vida vivida asi as presas.
Presas apresadas entre paredes
Que devoran os tanques imparables.
Maquinas terribles,
Famentas
De medos ,gritos,laios apagados.
Trebellos de matar,
Alimentadas de enquina,ambición
E malsanía.
Alo do fundo da memoria
Poida que ainda gardes o sonido
Do cantar das augas do teu rio,
Que brincaba baixo as pontes
Destemido,
Mentras xogaba a refrescar a brisa
Do ar perfumado da ribeira.
¿Non crecera nalgures a palmeira
misericorde
Que te poida agarimar
Baixo as suas ponlas?
Enorme,caritativa e amorosa
Para ocultarte á vista
Deste novo Herodes implacable.
Destes tubarons de terra a dentro.
Que ultraxan a tua Terra escarnecida
Devorando ,insaciables e famentos,
Os espíritos , os corpos e a cultura.
Asasiños
Comedores de nenos e petroleo
Destructores de cantigas e poesia.
Ouh! esclamara Maria baixo as ponlas
Ao se sentir pola palmeira protexida
E ese ouh! foi gravado nas sementes
Dos dátiles ,ate nosos dias.
Maria de Faluya , de Mossul ,ou de Palestina
Quixera escoitar o voso ouh! asombrado.
Sinal de que nun alto do camiño
Unha imensa palmeira,amorosa
Por fin vos protexia.
Maria de Faluya
Irmá , amiga.
Lugo, 16, Nov, 2004. 3º dia do asalto a Faluya
Voltar a Opinión
Ir á Portada |
|