ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Arroutadas do ambiente

*Un outro mundo é posible: Galiza tamén

Chuza! esta nova!
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (27/04/2005)

Outra volta, enfrontamosnos a unhas eleizons autonómicas. No espírito de muitos galegos medra o desexo e a esperanza dunha mudanza. Muitos de nos cremos que esta mudanza é posible. Tamén cremos que a viraxen social e política que necesitamos pode nacer de nos mesmos. Do cerne da nosa propia cultura e dos nosos propios recursos, naturais e sociais. Castelao dicia :”Nos temos fe no noso Povo , e mui logo o noso povo terá fe en nos”.

O que eu penso é que os galegos precisamos termos fe en nos mesmos.

Se escoitamos ou lemos os medios de comunicación, poucas veces se trata deste tema. As discusións céntranse nas posibilidades de uns ou de outros para traeren mais cousas de Madrid, para convencer ao Governo Central de que se digne construir esto ou aquelo.

Sempre a agardar polas grazas que veñan de fora.

Os galegos temos ido polo mundo inteiro e fomos quenes de organizar sociedades exemplares como foran os Centros Galegos (Habana, Bos Aires, N. York, ou todos os que existen na Europa). Fomos capaces de traballar e xerar riqueza en calquera parte do mundo onde estivesemos. Mesmo fomos capaces tamén de xerar riqueza na nosa propia terra, con industrias pioneiras en todos os campos.

Vai sendo hora de crermos en nos mesmos como povo capaz de administrar os seus propios recursos conservandoos e acerescentadoos.

Iso é o que eu lles pediria aos políticos:

Deixense de ollar para Madrid e céntrense no seu propio pais.

Moléstame ver como presumen uns e outros de teren mais proximidades cós líderes dos grandes partidos, como se a sua única función fose agardar polo “Maná” que graciosamente nos queiran enviar. Eu quero que as forzas da Miña Terra saiban exigir aquilo a que temos dereito e saiban governar os bens que temos aquí. Agardo pola Dignidade que nace da capacidade de xerar traballo e riqueza,a que temos dereito como povo, contraria ao sometimento a que se ve abocado un país subsidiado, pendente sempre das “axudas”.

Xa é tempo de termos converxido con Europa. Se iso non aconteceu ainda é porque os que governaron os nosos recursos non o souberon facer.Fixérono mui mal. Fracasaron. Reclamémoslles as suas responsabilidades. Xa é a hora da mudanza. De outro modo ficaremos ancorados no pasado, cada vez mais retarsados con respeito ao resto do mundo, nun foxo do que será mais e mais dificil sairmos .

Voltar a Opinión
Ir á Portada

Adela Figueroa Panisse

Adela Figueroa Panisse é Presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Catedrática de Bioloxia/Xeoloxia no IES Lucus Augusti, Lugo.

Outros artigos de Adela Figueroa Panisse:
*Transportes de terceiro mundo: outra traxedia para Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (26/08/2006)
*Evidentemente algo fallou, na prevision, e Galiza arde Un artigo de Adela Figueroa Panisse (11/08/2006)
*Lua chea de veran compite có lume para alumer Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/08/2006)
*Lóuzara e Fiz Vergara Vilariño Por: Adela Figueroa Panisse (27/06/2006)
*Os bons mestres: Lembranza de Don Gregorio Por: Adela Figueroa Panisse (03/05/2006)
*Primavera: renovación e promesa da vida Por: Adela Figueroa Panisse (20/03/2006)
*Urbanismo descontrolado: privatizar... Por: Adela Figueroa Panisse (01/03/2006)
*Rios vivos: A seiva da Terra Por: Adela Figueroa Panisse (31/01/2006)
*SALVE RADIO GALEGA! Por: Adela Figueroa Panisse (09/01/2006)
*Dazaoito de xullo. 69 anos despois Por: Adela Figueroa Panisse (18/07/2005)
*Un outro mundo é posible: Galiza tamén Por: Adela Figueroa Panisse (27/04/2005)