Publicidade
Contacto
|
*Francisco Xosé Rei García
Francisco Xosé Rei García (A Coruña, 1981). Desde febreiro de 2006 é membro da Comisión Permanente da Mesa pola Normalización Lingüística, estando ao seu cargo a Coordinación de Zonas da asociación.
Colaborador en diversas entidades e movementos sociais, principalmente na Coruña, participa activamente na Mesa desde 1998, sendo Vicerresposábel do Grupo de Traballo Nacional da Mocidade pola Normalización Lingüística entre 1999 e 2001. Entre 2000 e 2001 foi tamén Responsábel da Mesa na zona da Coruña.
Participou activamente do movemento estudantil galego, facendo parte da Executiva Nacional dos Comités Abertos de Estudantes (CAE) e do Consello Nacional dos Comités Abertos de Escola e Facultade (CAF): entre 2001 e 2005 foi Responsábel de Organización nacional dos Comités. Así mesmo, ten feito parte da Dirección Nacional de Galiza Nova.
Na actualidade, finaliza os seus estudos de Licenciado en Filoloxía Galega na Universidade da Coruña ao tempo que oposita para o Corpo Xeral de Auxiliares de Bibliotecas.
Voltar a Opinión
Ir á Portada
|
|