ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Desde a xanela

*Vida!!!

Chuza! esta nova!
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza Fernández. (09/09/09)

A min gústame pasear. Paseo canto podo porque resulta moi sano para a saúde física pero e, sobre todo, porque estimula as neuronas, fais despertar a mente durmida e de paso, un pode ata respirar fundo, moi fundo; ás veces case ata se marear!. E a min, encántame respirar, encher corpo e alma de vida. Ademais e, polo de agora seica o ar, aínda non ten que pagar impostos, é, polo tanto, gratuíto!. Hai moitas máis cousas gratuítas, pero nin nos decatamos, nin as aprobeitamos; a vida, é unha delas, a máis importante!.

A xeito de andaina, cada quen imos trazando un itinerario onde predeterminamos ritmos, velocidades, paradas, desvíos, novos arranques, etc, ... . Todo, en función das nosas necesidades, esas que, dado o caso, somos quen de compartirmos en atención a iso que se dá en chamar "afinidades selectivas". As persoas somos seres selectivos, pero, as afinidades, soen ser moitas e nós, non somos quen de abranguelas todas. E digo eu que por sorte, caramba!.

Con forma de dimutos e case que imperceptíbeis fotogramas que aglutinados conforman canto constitúen as nosas vidas, imos disparando flashes e abrindo diafragmas sen nos decatar de que cada feito, fica nos arquivos da historia. Da historia das pequenas, particulares e individuais historias que son as que dan sentido a esas outras historias grupais que aparecen logo reflectidas en enciclopedias, libros de texto ou ensaios literarios. Esas que sempre aparecen contadas de forma subxectiva pola parte vencedora de cada conflito no tempo e que, remata por ser o credo universal de outras cousas, iso que remata por ser parte imprescindíbel do dogma. Os dogmas, sempre son a arma agochada de calquera centro de poder de masas para alienar, para anular á persoa na tentativa de castrar os seus anceios; mesmo o máis importante, a vida e con el, a liberdade.

Malia todo os fotogramas que van quedando nos arquivos particulares e persoais, son eses que achegan afectos, sensacións, vivenzas. Eses que nos achegan a ledicia por sermos quen de que aínda sendo froito da baratillada da incongruencia, da incoherencia manifesta, serven para nos abraiar, para nos emocionar e tal vez, o máis importante, para compartir. É curioso como e ser o querer, aparecen ata neste plantexamento os conceptos. Si, falo da película vital e dentro dela, falo de dous procesos: por unha banda, a sociabilización e, pola outra, a socialización. Froito das dúas xorde a necesidade de respectar o diferente encetando polo máis próximo, o máis perto que é a nosa propia realidade. Ao nos entender coma diferentes, por sermos diferenciados, tamén somos quen de comprendermos a importancia da diferenza e polo tanto, o respecto de canto o termo implica.

Non, non me gustan os extremos, pero tampouco a indefinición. Aqui acontece coma na cuestión das crenzas: ou se cré, ou non se cré. Pois se un cré a medias, remata por exercer non de crinte, non de ateo, pero si, de agnóstico. Son cousas diferentes e importantes polo feito de ser alternativas, tamén vitais. E aqui, por exemplo, sobran as imposicións. As cores son amplas e moi variopintas, a escala cromática presenta tantas modalidades, tan abertas a gustos e anceios que, non se precisa falar nin de branco e negro, nin das cores básicas. Un pode elixir e logo, mesturar por medio da busca, por medio da experimentación co ensaio e trabucarse tantas veces como precise. Este, é outro xeito de entender o concepto de vida.

Pero a vida, ven sendo, fundamentalmente esa especie de miragre onde podemos interactuar coas outras persoas, nun ou noutro medio para medrar en cada proxecto, en cada actividade, en cada momento de ledicia que temos. E daquela un reafírmase que a vida ven sendo algo marabilloso e ao tempo xeneroso ao que deberiamos terlle moito máis respecto e gratitude. Ás propias e tamén ás das outras persoas e aí, dá o mesmo ideoloxía, relixión, crenza, orixe, cultura, etc. A fin de contas o único certo e base para calquera relación, está no feito inalienábel de que somos persoas. E a persoa é o obxectivo primo e derradeiro de calquera plantexamento, veña este de onde veña. Que ninguén o dubide e, que quen o teña esquecido, que se lembre porque este é o primeiro paso para comprender a propia vida e o que facemos aqui!

E a vida -e remato- está únicamente pois para iso, para vivila e compartila, ao facelo tamén estamos a mudar cuestións que, ven sendo a pequena escala, un xeito moi humano, de facer a revolución. A revolución, calquera delas que se prece de selo, enceta no persoal e trascende ao grupal, ao colectivo. Que viva, xa que logo, a revolución da vida! Apostemos por ela e por vivila que, malia o que digan por aí, so temos esta!

(c) Fx 09/09/09

Voltar a Opinión
Ir a Novas

Fernán Xosé Mourenza Fernández

Fernán Xosé Mourenza Fernández (Vilamaior de Negral, Guntín de Pallares 1965). Diplomado en filoloxía románica na E.U.F.P. de E.X.B. de Lugo. Presidente das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego desde o 96. A día de hoxe participa en diferentes colectivos ao tempo que escrebe tres libros e forma parte de tres grupos corais...[ler máis]

Artigos de Fernán Xosé Mourenza Fernández:

*Patrimonio VI "Vai de entroido" (22/05/2007)
*Patrimonio V "Ferreiros" (06/04/2007)
*Patrimonio IV "Conto para lembrar" (21/03/2007)
*Patrimonio III "O zoqueiro" (04/03/2007)
*Patrimonio II "Vai de seitura" (13/02/2007)
*Patrimonio I "Canteiros" (01/02/2007)
*"Malas artes" (21/01/2007)
*"Calidoscopio social" (05/01/2007)
*"Refulxe o País, reaxe o BNG" (06/12/2006)
*"O cantar do vagamundo" (28/11/2006)
*"...E pasaron os unos..." (26/08/2006)
*Por qué un novo Estatuto? (27/06/2006)
*Crise identitaria... (24/03/2006)
*PXOM ou PXE(speculación)? (21/03/2006)
*Cecais... Cultura? (15/05/2005)