Publicidade
Contacto
|
Desde a xanela
*"Refulxe o País, reaxe o BNG"

Un artigo de Fernán Xosé Mourenza Fernández. (06/12/2006)
A pesares de todo, malia os atrancos e pese a algúns, A NACIÓN MARCHA E O BNG, TAMÉN!.
Durante esta fin de semana,os dias 2 e 3 deste mes de decembro- estivemos a presenzar en Compostela, un verdadeiro exercicio de democracia baseado no diálogo, o debate e a liberdade.
Diálogo, sen dúbida porque é o xeito que o BNg ten de se afrontar aos grandes reptos que se lle apresentan. Porque, ademais, de non existir, xa non podería darse o debate político. Diálogo porque no BNG toda a militancia cont coa mesma igoaldade de dereitos e oportunidades para falar, para se expresar e expor cantos conceitos e pontos de vista diferentes se estimar oportunos. Cousa que a dia de hoxe, non é habitual noutras forzas políticas chamadas "democráticas" que coma froito desta circunstancia-por certo- así temos as eivas democráticas e sociais que se nos amosan de cote e por ende e fundamentalmente, a nível de Xunta de Galiza e Estado. Veleí o que se nos amosa non só evidente, senon tamén frustrante a pouca, ou nengunha anovación no que atinxe ao marco competencial ou mesmo o da distribución territorial ou os obsoletos xa litixios sobre se Galiza, Euskalerria ou Catalunya teñen ou non que seren nacións. A estas alturas, o simple cuestionamento, xa resulta unha ofensa: con rotundidade, SOMOS NACIÓNS!. O que non temos é un estado digno capaz de nos respectar e defender pola via da autodeterminación.
Sendo o diálogo o prólogo, o debate resulta imprescindíbel para calquera xeito de exercicio de estruturación, organización e traballo político e democrático. O mesmo ocorre á hora de enfrontar a toma de decisións e acordos baseada na previa análise do levado ou non a termo. Na propia análise, xa que logo é algo inherente e obvio, compre non "reinventar a realidade social". Compre-digo- coñecer, polo miúdo, a realidade do País, tan diferente e dispersa porque, na Galiza, sen dúbida-e asi o cré, manifesta e asume na súa praxe o BNG- todas as persoas contamos. Pero tamén, contamos coa igoaldade de posibilidades, partimos das mesmas condicións sen prexuízos de nengún tipo por eso compre suliñar que o BNG é unha fronte, unha organización política aberta e plural pero iso si-malia ao que algúns anden a promover e predicar por ahi-, nacionalista-é dicir, de e para este País galego- e de esquerda-posto que os seus plantexamentos ideolóxicos e pragmáticos, xorden dos intereses e necesidades do pobo, seu primordial e único obxectivo pois, somos nós quen lle outorga o máximo sentido ao espacio físico chamado Galiza.
Do debate, chégase aos posicionamentos políticos e de ahí, ás posturas de consenso, aos acordos. Esas que nunha organización política destas características só pode afrontar e decidir o seu máximo órgano de poder: a Asemblea Nacional, é dicir, o conxunto da militancia do BNG de todo o País, da Galiza.
Froito de todo o proceso acátanse unhas teses estructuradas coma o marco rector das liñas políticas e de actuación a seguir durante os tres vindeiros anos sendo elexidos ao efecto, os seus órganos de goberno: Consello Nacional, Executiva Nacional e Portavoz Nacional.
E falabamos tamén de liberdade pois, é este o piar básico no que se asenta o BNG no seu devir cotiá, para calquera toma de decisión, para calquera actuación.
Veleiquí o está un verdadeiro exemplo do que pode ser un auténtico proceso onde se promove o exercicio da democracia e o asemblearismo no ámbito da vida política neste Noso País.
E malia que non é a panacea pois esta seria a consecución da utopia per se, ogallá cunda o exemplo BNG!.
O que fica craro e se tira en consecuencia de todo este longo e arduo proceso de dous dias de duración, é que a dia de hoxe o BNG é "A Nación en marcha" e que cada vez máis mulleres e homes acreditan nesta organización política co gallo de mellorar o País: Galiza.
"Non lle poñer chatas á obra namentres non esteña rematada. Quen queira que veña e traballe nela; hai sitio para todos", dicía Castelao. A obra está a comezar, queda moito por facer, entre todas e todos, será máis doado.
Vamos pois traballar nela por todas e todos nós, mais tamén polos que nos precedan para que sexan quen de recolleren o "testigo" da erdanza dos que nos antecederon e se orgullen de quen son, o que son e de onde veñen pois só dise xeito, serán quen de saberen cara onde ir. Non hai ninguén imprescindíbel mais pola contra, somos todas e todos necesarios.
Que viva Galiza ceibe!. Que viva o BNG!
E... Saúde e Patria!
(c) Fx 06/12/06
Voltar a Opinión
Ir a Novas |
|