ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*PXOM ou PXE(speculación)?

Chuza! esta nova!
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza. (21/03/2006)

Despois de ollar, por riba, o polémico PXOM do Concello de Lugo, un non deixa de se preguntar cara onde nos quer levar a política de pólvora e tamboril do actual Equipo de Governo na Institución Pública Local -v. gr. o Excmo. Concello de Lugo e o PSOE de G- que en definitiva, debe velar e representar -como moi ben fai alardes e predica o seu prócer, o Pater Orozco- por e mais dos intereses presentes e futuros de todas e todos nós, a cidadanía.

Craro está que diante cuestións coma o incremento orzamentario en postos de confianza e a desaparición de todo tipo de servizos básicos, xa nos imos achegando á resposta. Un non deixa de sentirse impotente e cabreado porque, por un ha banda tiñamos a actitude prepotente e reaccionaria en todo tipo de cuestións por parte do PP, impulsor a mantenta do retroceso vertixinoso deste noso Concello. E agora, por outra, a actitude do chisporroteo do PSOE de G en Lugo, pasando de todo, deixando facer aos poderosos e non mudando en nada o erdado "estado de cousas", en definitiva, máis do mesmo. Nomeio das dúas feras, o BNG que fai o que pode e que fai pouco por non contar co respaldo dunha cidadanía enganada polo efecto meiático e de promesas e mentiras dun parlanchín.

Algué se pregunta hoxe porque o Concello tiña vida e medraba cando governaban BNG e PSOE e agora semella unha tiranocrácia?. Agardo respostas!. O certo é que este Plan, que xa chega tarde, faise mal e a rastras co gallo de servir a unha única finalidade: seguir a colonizar e deshumanizar este Concello arramblando con toda pegada da Nosa Cultura, con todo espacio verde -protexido ou non-, con todo espacio que atenda a fin de caráter dotacional -sanidade, benestar social, cultura, deporte, ocio, esparcimento, et c-e dirixindo a propia filosofía do PXOM cara a máis pura e dura especulación dos constructores. É que, caramba, xa se sabe, con tanto obreiro...:pois, obras!.

A realidade veleí a está, eí a temos, compre que xermolen por todo Lugo, auténticos recunchos -cartos para a especulación-, moles de edificios adornando as espléndidas ruas de formigón, cemento e alcatrán, a xeito de cuarteis ou galiñeiros e reducir -mellor, eliminar- todo tipo de espacio que non serva a estas fins. O motivo -derivado do proceso anterior- está ben craro e nen ten que ver nen co nível nen coa calidade de vida da cidadanía. Trátase dunha pura fórmula matemática para reducir gastos de mantenemento destes espacios -de grandísimo interese social- e, ao mesmo tempo, co medre da construción, de xerar ingresos nos fondos municipais como froito do incremento dos impostos directos e indirectos, plusvalías, auga, sumidoiros, vados, traídas, levadas, lixo, etc. Por certo, outra promesa incumplida: a planta de compostaxe, mellor apostar por SOGAMA. Xa se nos pasará a correspondente factura para a que non teremos con que pagar, estas cousas, disque non teñen reposto, mesmo coma os achádegos arqueolóxicos ou calquer atisbo do que é a Nosa Cultura. Será que o Sr. Orozco sente nas súas carnes a docencia de Paco Vázquez e ten vocación de "la curuñite crónica". Ogallá que a el non o teñan que desterrar ao Vaticano coma ao seu mestre!

Onde quedan daquela -digo eu-, as súas promesas feitas en periodo electoral e en qué se ven materializadas?. O certo é que nós, cidadás e cidadáns de Lugo, algo teremos que dicir e facer ao respecto porque se permitimos esta barbaridade de PXOM, seremos complices e culpábeis por igoal, con esta "trapallada pesoil ou orozquiá"; máis outra. Para daquela non ha valer chorar, o mal xa estará feito e non haberá remedio nen solución. Eu, non quero ser nen culpábel, nen miserábel e vós???.

(c) Fx 20/03/06

Voltar a Opinión
Ir a Novas

Fernán Xosé Mourenza Fernández

Fernán Xosé Mourenza Fernández (Vilamaior de Negral, Guntín de Pallares 1965). Diplomado en filoloxía románica na E.U.F.P. de E.X.B. de Lugo. Presidente das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego desde o 96. A día de hoxe participa en diferentes colectivos ao tempo que escrebe tres libros e forma parte de tres grupos corais...[ler máis]

Artigos de Fernán Xosé Mourenza Fernández:
*Patrimonio VI "Vai de entroido" (22/05/2007)
*Patrimonio V "Ferreiros" (06/04/2007)
*Patrimonio IV "Conto para lembrar" (21/03/2007)
*Patrimonio III "O zoqueiro" (04/03/2007)
*Patrimonio II "Vai de seitura" (13/02/2007)
*Patrimonio I "Canteiros" (01/02/2007)
*"Malas artes" (21/01/2007)
*"Calidoscopio social" (05/01/2007)
*"Refulxe o País, reaxe o BNG" (06/12/2006)
*"O cantar do vagamundo" (28/11/2006)
*"...E pasaron os unos..." (26/08/2006)
*Por qué un novo Estatuto? (27/06/2006)
*Crise identitaria... (24/03/2006)
*PXOM ou PXE(speculación)? (21/03/2006)
*Cecais... Cultura? (15/05/2005)