ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Desde a xanela

*Patrimonio VI "Vai de entroido "

Chuza! esta nova!
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza Fernández. (22/05/2007)

Verán miñas donas e cabaleiros, o entroido, non lles é iso que algúns políticos fan en troques de política ou gobernar para o seu pobo, non. O entroido é un arte enraizada na nosa cultura máis funda e sentida, o paso cara o solsticio de primavera...

Trátase dunha antiga tradición cultural con craro carácter ancestral que destila sabidoría popular cunhas moi marcadas fins lúdicas, musicais, teatrais, gastronómicas, artesanais, etc e que conforma un auténtico derroche de todo xeito de creatividade.

Agora lévase moito o de imitar os carnavais de Tenerife, Rio, etc con carrozas, concursos e demais. Mais iso, non é o entroido, é algo foráneo, importado, daquela, outra cousa.

Por todas partes corre o entroido coma se for lume en palla enxoita. Namentres en Verín os cigarróns van azoutando á xente látigo en man, saen polas rúas os peliqueiros de Laza. Non faltan á cita as pantallas de Xinzo, os boteros de Viana ou Vilariño, os felós de Maceda, os irrios de Castro, os troteiros de Bande, os charrúas de Allariz ou os vergalleiros de Sarreaus.

E se ben andamos a falar do sur do País, desta fermosa e descoñecida provincia que conforma Ourense, máis cara o norte e falando xa da de Lugo, atopámonos cos tradicionais volantes e madamas xunto cos danzantes que axudan a que a festa non esmoreza nen decaia.

Outra cousa son os carnavais urbáns onde agroman por ende e a xeito de cogomelos as caretas, as comparsas e as charangas cecais demasiado influenciadas por aires foráneos en perxuízo do propio.

Sen ánimo de desprezo, xa nada é coma era, o tradicional, só se atopa nas vilas e parroquias do rural porque ehí a está a orixe do que somos e de quen somos. Por todo o País xorde a farra, sexa do xeito que sexa; é tempo de festa, é o tempo de Don Carnal.

Non falta a música nen o canto, mesmo desafinado pero o que importa é a troula que se socializa para toda a xente, o importante; a diversión que logo a igrexa xa nos pora o toque de seriedade castigadora de preparación á semana santa que é o tempo da cuaresma.

E craro, diante de tanto festío, non pode faltar a gastronomía, nen o viño, nen tampouco a licoraría do País. O porco é o rei da mesa, o tinto o néctar no que se baña e facendo as delicias de todo buen crestiano e do padal que se prece, a xenerosa e apetecíbel repostería: freixós, filloas, orellas, tortas e bicas.

Logo refógase todo con café e a sempre agradecida augardente de afinado gosto nos licores de café ou de herbas con poderes curativos, seica!. Magoa que a todo porco lle chegue o seu samartiño!. A este, tócalle o mércores de cinza co enterro da sardiña que da paso á cuaresma.

... E que deus nos perdoe e o demo non nos amole!

(c) Fx 22/05/07

Voltar a Opinión
Ir a Novas

Fernán Xosé Mourenza Fernández

Fernán Xosé Mourenza Fernández (Vilamaior de Negral, Guntín de Pallares 1965). Diplomado en filoloxía románica na E.U.F.P. de E.X.B. de Lugo. Presidente das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego desde o 96. A día de hoxe participa en diferentes colectivos ao tempo que escrebe tres libros e forma parte de tres grupos corais...[ler máis]

Artigos de Fernán Xosé Mourenza Fernández:

*Patrimonio VI "Vai de entroido" (22/05/2007)
*Patrimonio V "Ferreiros" (06/04/2007)
*Patrimonio IV "Conto para lembrar" (21/03/2007)
*Patrimonio III "O zoqueiro" (04/03/2007)
*Patrimonio II "Vai de seitura" (13/02/2007)
*Patrimonio I "Canteiros" (01/02/2007)
*"Malas artes" (21/01/2007)
*"Calidoscopio social" (05/01/2007)
*"Refulxe o País, reaxe o BNG" (06/12/2006)
*"O cantar do vagamundo" (28/11/2006)
*"...E pasaron os unos..." (26/08/2006)
*Por qué un novo Estatuto? (27/06/2006)
*Crise identitaria... (24/03/2006)
*PXOM ou PXE(speculación)? (21/03/2006)
*Cecais... Cultura? (15/05/2005)