ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Desde a xanela

*Patrimonio V "Ferreiros"

Chuza! esta nova!
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza Fernández. (06/04/2007)

Agardade un intre e percurade lembrar, traguer ás vosas memorias o famoso cadro de Velázquez "A forxa de Vulcano". Notades xa nos vosos corpos a calor que dali se desprende?. Por alí, andan os ferreiros...

A forxa é o xeito máis antigo de traballar o ferro para o mudar en utis e obxectos tanto de traballo como decorativos. Da forxa saían as rellas para os arados, as cadeas das grades, os bitillos para os bois, os sachos, rodos, rodas, as fouces, os fouciños, os gateños e gatafouces, as machetas, machados, serras e cimbróns, martelos, cravos, carabillas, pechos, cancelas, coitelos, tesoiras, navallas e infinidade de cousas máis. Armas, ferramentas, elementos para a arquitectura, obxecto de carácter simbólico ou artístico e todo o xonxunto de utis necesarios para o fogar. Os seus artífices, os ferreiros que, desde tempo inmemorial até hoxe, nos surtiron e surten destes obxectos.

O de ferreiro, é un labor duro que por riba, precisa de dúas materias primas: o ferro xunto co combustíbel preciso para o fundido e a forxa.

Logo de acadado o ferro, compría purificalo fundíndoo en fornos artesanais para sacar asi, as láminas despois de mallalo con martelos hidraúlicos de grandes proporcións e orixe medieval; os fermosos e famosos mazos, sempre situados ao caron dos rios. Para o fundido, empregábase o carbón natural ou carbón de uz que preparaban tanto os carboeiros, como os ferreiros no monte, dada a enorme riqueza natural das nosas fragas.

Coma o ferreiro da maldición, que cando ten ferro, non ten carbón.
De ferreiro a ferreiro, non pasa diñeiro.


Despois de obtido o ferro nos fornos e nos mazos a mans dos ferróns, as laminas de mineral pasan ás forxas ou fraguas onde os ferreiros mudarán este material en obxectos damáis diversa utilidade e beleza.

O seu labor é solitario e soe ter carácter familiar con trasmisión xeracional. O mestre ferreiro precisa os tizóns ben candescentes na fornalleira para o que emprega un fol grande cun soplete. No incre ou xunque golpea ou amansa o ferro ardente empregando todo tipo de martelos e mazos, unha gran variedade de tenazas, tufos, claveiras, sufrideiras, etc. Ai, si, xa me esquecía, tamén lle resultan imprescindíbeis unha ou máis pías de pedra para podelas encher con auga ou aceite para lle dar o tempero ás pezas ao se enfriaren.

Na casa do ferreiro, coitelo de pau.
Se casas cun ferreiro, has de lavalo primeiro.


... Boura, boura o ferreiro na zafra, boura, boura, boura no ferro...

(c) Fx 06/04/07

Voltar a Opinión
Ir a Novas

Fernán Xosé Mourenza Fernández

Fernán Xosé Mourenza Fernández (Vilamaior de Negral, Guntín de Pallares 1965). Diplomado en filoloxía románica na E.U.F.P. de E.X.B. de Lugo. Presidente das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego desde o 96. A día de hoxe participa en diferentes colectivos ao tempo que escrebe tres libros e forma parte de tres grupos corais...[ler máis]

Artigos de Fernán Xosé Mourenza Fernández:

*Patrimonio VI "Vai de entroido" (22/05/2007)
*Patrimonio V "Ferreiros" (06/04/2007)
*Patrimonio IV "Conto para lembrar" (21/03/2007)
*Patrimonio III "O zoqueiro" (04/03/2007)
*Patrimonio II "Vai de seitura" (13/02/2007)
*Patrimonio I "Canteiros" (01/02/2007)
*"Malas artes" (21/01/2007)
*"Calidoscopio social" (05/01/2007)
*"Refulxe o País, reaxe o BNG" (06/12/2006)
*"O cantar do vagamundo" (28/11/2006)
*"...E pasaron os unos..." (26/08/2006)
*Por qué un novo Estatuto? (27/06/2006)
*Crise identitaria... (24/03/2006)
*PXOM ou PXE(speculación)? (21/03/2006)
*Cecais... Cultura? (15/05/2005)