ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Desde a xanela

*Patrimonio III "O zoqueiro"

Chuza! esta nova!
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza Fernández. (04/03/2007)

Entre a espesura do bosque que arrecende a vida a vida, carregado de tanto ar puro, agroman todo xeito de especies arbóreas.

0 padriño vai armado cunha navalla cativa que lle fixo o ferreiro e a que el, lle labrou as cachas con pau de freixo. O padriño é zoqueiro.

Alí entre toda aquela beleza capaz de abraiar calquera sentido durmido, el vai facendo marcas entre os bídalos, ou abidueiras. As sinaladas pola súa navalla, vailles tocar ser cortadas. Medida selectiva en parte para rarear as árbores e en parte, para poder facer logo o seu traballo. Teñen o toro graso e son outas coma non sei. Só son dúas ou tres, para o caso, con iso, abonda. Cun machado preparado a conciencia, vailles dando uns cantos machetazos pola base mais non abonda para os deitar e compre, asar o cimbrón para o que reclama da miña cativa axuda. Comenza o rum-run e logo dunha boa cimbradura can os tres xigantes en terra; entra a magoa mais a necesidade, obriga!.

Metidos no carro e ben atadas, rénxelle o eixe ao xeito dun violino desafinado camiño da palleira onde el ten os seus trebellos de zoqueiro. Arrecende a madeira de bídalo ou abidueira, da gosto ese perfume con tanta esencia a nobreza da que xermola a terra!.

Sobre un toro grande que ten pousado no chan a xeito de cepo, vainos cortando por medidas das que irá facendo logo as zocas, as madreñas, os zocos e algún que outro chancro. Asegún sexan as encargas.

Pucha na cabeza, un caidos sen prender caendo dos beizos, vai conformando a peza ao lle quitar as primeiras laxas coa macheta. Logo, con trenchas e gubias na man, vai facendo a forma case tan voluptuosa coma a dunha rapaciña ben feita. Sen me decatar do percorrer do tempo, velaí a vai xa, unha zoca non moi grande, semella ao que tal para un pé moi ben feito e cativo.

"Achégame para acó isto, tráeme aquilo..." E nun tris, xa sae do forno a outra zoca con ese ar que teñen de exótico con punta de babucha, forma aerodinámica para cortar o vento e carácter de seguridade pois alzan o chan e cóbreno coa súa madeira: todo un luxo!.

Os zocos e chancros lévanlle máis traballo pois ten que cortar, coser e cravar o coiro á base de madeira de bídalo ou abidueira.

Fúxelle de cando en vez un son dos beizos, que quer semellar un asubío pero, tropeza no cigarro e non se entende nada; tal vez Ven bailar Carmiña, quen o sabe!.

(c) Fx 04/03/07

Voltar a Opinión
Ir a Novas

Fernán Xosé Mourenza Fernández

Fernán Xosé Mourenza Fernández (Vilamaior de Negral, Guntín de Pallares 1965). Diplomado en filoloxía románica na E.U.F.P. de E.X.B. de Lugo. Presidente das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego desde o 96. A día de hoxe participa en diferentes colectivos ao tempo que escrebe tres libros e forma parte de tres grupos corais...[ler máis]

Artigos de Fernán Xosé Mourenza Fernández:
*Patrimonio VI "Vai de entroido" (22/05/2007)
*Patrimonio V "Ferreiros" (06/04/2007)
*Patrimonio IV "Conto para lembrar" (21/03/2007)
*Patrimonio III "O zoqueiro" (04/03/2007)
*Patrimonio II "Vai de seitura" (13/02/2007)
*Patrimonio I "Canteiros" (01/02/2007)
*"Malas artes" (21/01/2007)
*"Calidoscopio social" (05/01/2007)
*"Refulxe o País, reaxe o BNG" (06/12/2006)
*"O cantar do vagamundo" (28/11/2006)
*"...E pasaron os unos..." (26/08/2006)
*Por qué un novo Estatuto? (27/06/2006)
*Crise identitaria... (24/03/2006)
*PXOM ou PXE(speculación)? (21/03/2006)
*Cecais... Cultura? (15/05/2005)