ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Desde a xanela

*Patrimonio II "Vai de seitura"

Chuza! esta nova!
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza Fernández. (13/02/2007)

Cando aínda non é ben de dia e canta o galo, a cuadrilla xúntase diante da casa dalguén para saíren cedo segar o pan. As fouces ben aguzadas, a pedra de afiar nun dos petos ou no cinto, as mulleres no mandil, o pano na cabeza e por riba, pucho de palla!. Comenza a colleita. Na dereita a fouce, mentres que a esquerda agarra o feixe de espigas de pan co que se fai o mollo que fica na terra agardando por outro compañeiro para os xuntar nun medeiro. Logo carrexaranse no carro para perto da aira e farase unha meda. O chan queda baleiro, queda rapado namentres as cuadrillas de mulleres e homes, sequen pola aldea até o remate da seitura. É tempo de moito traballo, de abondosa fatiga mais, tamén de ledicia: o campo pare, xeneroso, os seus froitos!. Na aira agarda a máquina de meter ruido, é a malladora -antes faciano on mallos- que vai quitar o grao e separala palla.

Desde a meda, armados con navallas, os mozos cortan os biortos aos mollos que can na malladora. Namentres o gran espigado e fino distinto do trigo que é coma máis dourado e regordete, máis louro, enche as sacas. Polo outro lado sae a palla que vai para o palleiro.

Na base unha morea de polas con rama de carballo seco e ao seu carón, os feíxes de palla amoreados ao xeito case, dunha escaleira de caracol. Zumba deiquí, bota para acolá, a xente non folga, todo o mundo traballa. Na cociña arrecende a carne con cachelos e de seguro, queixo do duro curado no huchote do grao e viño, moito viño, que vai sede!.

Para a máquina, o especialista en palleiros, ponlle o curuto cun anaquiño de pola de carballo. As sacas enchen a tulla ou as huchas e de súpeto, coma se alguén marcara un tímido compás de silencio, o mundo parece deterse. Detense até que de súpeto, esboura de ledicia; xa rematou outra seitura máis, agora veña a festa, veña a esmorga. Bo xantar, bo viño, algúns cafeses e un que nutro pito e unha sesta, iso, non pode fallar. ...E veña festa, alouquean as gaitas xurdidas de non se sabe onde. Alí están, escachando o silencio, arrenegando do medo e dando pé á troula.

É noitiña e a fasta esmorece aos pouquiños, mañá toca en Cas Mañas, por exemplo. E aínda queda; que estamos a mediados do Santiago. E despois o trigo pero ese, será outro conto!.

As leiras semellan a testa dun raparigo recén cortado o pelo. Dan a sensación de limpeza, de ar de anovación e agardan ao tempo de seren abonadas para a semente dos nabos e outras prantas forraxeiras.
Esta historia, tamén continua.

(c) Fx 13/02/07

Voltar a Opinión
Ir a Novas

Fernán Xosé Mourenza Fernández

Fernán Xosé Mourenza Fernández (Vilamaior de Negral, Guntín de Pallares 1965). Diplomado en filoloxía románica na E.U.F.P. de E.X.B. de Lugo. Presidente das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego desde o 96. A día de hoxe participa en diferentes colectivos ao tempo que escrebe tres libros e forma parte de tres grupos corais...[ler máis]

Artigos de Fernán Xosé Mourenza Fernández:
*Patrimonio VI "Vai de entroido" (22/05/2007)
*Patrimonio V "Ferreiros" (06/04/2007)
*Patrimonio IV "Conto para lembrar" (21/03/2007)
*Patrimonio III "O zoqueiro" (04/03/2007)
*Patrimonio II "Vai de seitura" (13/02/2007)
*Patrimonio I "Canteiros" (01/02/2007)
*"Malas artes" (21/01/2007)
*"Calidoscopio social" (05/01/2007)
*"Refulxe o País, reaxe o BNG" (06/12/2006)
*"O cantar do vagamundo" (28/11/2006)
*"...E pasaron os unos..." (26/08/2006)
*Por qué un novo Estatuto? (27/06/2006)
*Crise identitaria... (24/03/2006)
*PXOM ou PXE(speculación)? (21/03/2006)
*Cecais... Cultura? (15/05/2005)