ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Ligazóns patrocinadas:
adiestramiento de perros



*Por qué un novo Estatuto?

Chuza! esta nova!
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza. (27/06/2006)

Nos derradeiros anos, vense falando moito da cuestión do Estatuto. Ocorre que cada vez, as posturas, se visualizan máis nídias. Deste xeito, o PP de G confórmase únicamente coa revisión do até o de agora existente. O PSOE de G prantexa-na súa liña-algo novo pero de mínimos e que sexa perfectamente coxunctural coa unidade territorial do estado español obviando calquer tipo de dereito fundamental lexítimo. O BNG amosa non só unha proposta de país, pensado desde e para as galegas e os galegos senon que ademáis, é a única proposta anovada na súa integridade e elaborada artigo a artigo, pasando por todos os títulos e apartados e desgaxando cada un seu nível de exixencias en función das novas necesidades dun pobo, xa de por si, discriminado polas correlativas e alternantes políticas do estado español exercidas sobre este noso país galego.

Desde Galiza, precísase con forza e collendo a tixola pola man, efeitivizar un "prego de condicións" co estado e os outros países e comunidades autónomas que o conforman que nos outorgue a condición de igoais en lexitimidade e dereitos; Galiza non pode seguir sendo a cincenta deste despropósito estatal a xeito de conto de fadas, non pode seguir a ser a terra de ninguén.

O Estatuto de nazón, vai ser o medio a empregar para que se nos outorguen esas moreas de dereitos e oportunidades que até agora, se nos teñen vetado e que nos teñen relegado a ser un país anecdótico ou como moito de terceira.

O Noso País Galego é rico, posúe recursos tanto humáns coma materiais, só precisa que uns e outros se poñan en marcha ao aveiro dun marco político-legal que lle afiancea lexitimidade precisa como para non ter que seguir a camiñar no seu proceso histórico sempre, baixo a titorización do estado español. Non é agora xa o intre de máis control, agora toca que se nos dé o que por dereito e por débeda histórica, nos corresponde, de que se nos deixe vivir ao noso xeito, Galiza ten acadada a súa maioría de idade democrática e social, non precisa vixiantes da súa honra, precisa liberdade de acción e que se lle dé o que lle corresponde por dereito, por xustiza.

O asunto é máis doado do que a simple vista parece: é unha simple cuestión política e social que leva engadida outra con peso específico e que, en realidade manca o amor propio do estado español, nen máis nen menos que a cuestión económica. O medo non é a disolubilidade do estado español como uno y no cincuenta y uno, non, iso é a xustificación mais, o que se agocha detrás desa falacia é a cuestión económica. Ao estado, non lle importa recadar os fondos pero, o que non quere é ter que distribuílos despois dun xeito equitativo coas nacións e comunidades que o conforman. Iso evidénciase moi ben nas comparanzas que os partidos estatais fan de cuestións como cando en economía mundial se pon por referente a Alemaña -en Europa- ou aos EE.UU.; pois ben, un e outro, son estados conformados por diversas nacionalidades ou subestados. Daquela porqué PSE e PP, non falan tamén desta cuestión e de como esas potencias teñen distribuída a súa riqueza neste senso?. Evidentemente, estamos a falar dunha cuestión de límites si, pero non como meras demarcacións xeograficas non, senon de límites de carácter puramente económica. E aí, é onde o BNG e a súa política económico-social e de esquerdas pensada desde e para Galiza, se desmarca de PSOE e PP que veñen a manter esquemas economicistas moi similares. E porqué será?. Cecais porque a uns e a outros Galiza impórtalles tres pitos de papel non sendo para cotizar e engordar as arcas da facenda española iso, a teor da falla de investimento neste Noso País, xunto con outras cuestións que cada quen de nós sabemos.

Veleí a relevancia dun Estatuto para Galiza, pero non un Estatuto calquera senon, un Novo Estatuto axeitado aos tempos e ás necesidades específicas do País, en definitiva, de todas e todos nós; galegas e galegos. E o certo, é que non deberiamos pasar por menos.

(c) Fx 24/06/06 "Lume novo/06"

Voltar a Opinión
Ir a Novas

Fernán Xosé Mourenza Fernández

Fernán Xosé Mourenza Fernández (Vilamaior de Negral, Guntín de Pallares 1965). Diplomado en filoloxía románica na E.U.F.P. de E.X.B. de Lugo. Presidente das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego desde o 96. A día de hoxe participa en diferentes colectivos ao tempo que escrebe tres libros e forma parte de tres grupos corais...[ler máis]

Artigos de Fernán Xosé Mourenza Fernández:
*Patrimonio VI "Vai de entroido" (22/05/2007)
*Patrimonio V "Ferreiros" (06/04/2007)
*Patrimonio IV "Conto para lembrar" (21/03/2007)
*Patrimonio III "O zoqueiro" (04/03/2007)
*Patrimonio II "Vai de seitura" (13/02/2007)
*Patrimonio I "Canteiros" (01/02/2007)
*"Malas artes" (21/01/2007)
*"Calidoscopio social" (05/01/2007)
*"Refulxe o País, reaxe o BNG" (06/12/2006)
*"O cantar do vagamundo" (28/11/2006)
*"...E pasaron os unos..." (26/08/2006)
*Por qué un novo Estatuto? (27/06/2006)
*Crise identitaria... (24/03/2006)
*PXOM ou PXE(speculación)? (21/03/2006)
*Cecais... Cultura? (15/05/2005)