ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Ligazóns patrocinadas:



Desde a xanela

*Crise identitaria...

Chuza! esta nova!
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza Fernández. (24/03/2006)

A dia de hoxe, a ninguén se lle escapa, ou, a lo menos, se lle debera escapar que neste Noso País chamado Galiza, temos unha verdadeira "crise identitaria". Un fenómeno, sen dúbida, promovido desde as políticas hostís e reaccionarias de governos totalitaristas, centralistas ou imperialistas-os termos, veñen sendo sinónimos, aínda que con matices-sempre fideis servos, iso si, do brutal capitalismo, globalización ou neoliberalismo.

E, seguimos a falar de economía, mais non dos intereses, dos beneficios das persoas senon do desequilibrío social, das desigualdades sociais promovidas polas grandes multinacionais e quen se agochan tras delas; o imperialismo económico con nomes e apelidos, en definitiva.

Nesta tesitura, o interesante, nunca é a diversidade senón a uniformidade que nos conduza a todas e todos ao pensamento único. Neste sentir instalado desde hai xa tempo na sociedade e mesmo, nas nosas conciencias e tamén, nas nosas formas de vida, o que somos, quen somos e todo o que nos xungue pero tamén diferencia, tende á súa imediata desaparición. Para mostra, un botón:analisemos a cuestión idiomática, sen irmos máis lonxe. A pesares do que poidamos pensar, o idioma máis falado a nível europeo, pois non é o inglés, é o alemán e..., porqué?. Pois porque o Bundestbank move moreas e moreas de cartos e de intereses. A nível de Estado, o idioma máis empregado resulta que xa non é o castelán, é o catalán -os meus parabéns por certo a Catalunya por iso e máis outras cuestións!- pola cuestión da informática e o que iso supón a nível económico. Isto que son feitos constatábeis non só atenden a criterios estrictamente económicos ou de caráter mercantil, non, hai razóns de peso dun marcado caráter identitario -válido nos dous casos que veño de comentar- pois o desenvolvemento económico é o resultado dunha evolución centrada no que se é e cun craro criterio de cara a onde se quer ir. Deste xeito, eu, se ben admiro aos cataláns e mesmo aos alemáns por teren asumidos estes prantexamentos, son dos que non os envexa como galego que son. O motivo resulta evidente:do mesmo xeito que non me considero español, tampouco son catalán nen alemán, son galego como resultado da erdanza dos meus antecesores e por terme criado neste marabilloso País. Son daquela o produto resultante de varios factores ben diferenciados:un espacio físico determinado -Galiza-, unha erdanza determinada -os meus proxenitores e a éducación que me inculcaron- e unha filosofía e cultura propia -a galega-.

Nesta orde de cousas o que se reflicte coma unha realidade máis que evidente, é que o que verdadeiramete importa é a conciencia que cada quen de todas e todos nós teñamos do que somos e do que nos sentimos. E non caben conflitos, nen vacilacións e moito menos, complexos. Isto é un pouco coma na relixión:ou se é, ou non se é, o de ser "a meias" é unha traizón, non xa a Galiza, senón, a un mesmo porque daquela, non somos conscentes do que estamos a perder polo camiño;escomenzando, pola nosa identidade. Máis para iso, compre facer unha introspección e analisármonos ben por dentro, resucitar o elemento "conflito", enfrontármonos a el e derimilo para escomenzarmos, deste xeito, a "nosa particular revolución", a máis importante pois ao colectivo, ao grupal, só se chega despois de analisar o individual. Veleí a está unha das nosas señas identitarias, a do espiral que parte da célula básica, a máis cativa e imprescindíbel: o ponto de partida, o individuo. E vaise abrindo e medrando sen se fechar e as súas dimensións, acadan cotas incalculábeis.

Daquela, non todo é igoal e homoxéneo, as diferencias existen e nós que malia todo, seguimos a pernexar e a loitar contra isa especie de "monoteísmo global", atopámonos eiquí como mostra desta realidade. Por outra banda, é preciso facer unha diferenciación consustancial: unha cousa é que todas e todos sexamos iguais -prantexamento globalizador e falso-e outra, moi diferente, é que todas e todos, gocemos da igoaldade de dereitos e oportunidades- prantexamento liberal, non castrador de diferencias e realmente igoalitario-e isto, aínda a dia de hoxe, é unha utopía mercede precisamente a isas falsas e demagóxicas políticas unitaristas e uniformizadas.

Eu -que non son nen o pretendo ser paradigma para ninguén- son galego e estou moi orgulloso de selo e do que para min supón apertencer a este pobo, á súa Cultura e a todo máis canto isto implica e convídote a ti que estas a ler estes paragrafos -humildes e sinxelos- a que probes a te sentires diferente, a coñeceres a realidade de seres galega ou galego e a que te identifiques coas tuas orixes e o que é, en realidade o TEU PAÍS. Deica!

(c) Fx 23/03/06

Voltar a Opinión
Ir a Novas

Fernán Xosé Mourenza Fernández

Fernán Xosé Mourenza Fernández (Vilamaior de Negral, Guntín de Pallares 1965). Diplomado en filoloxía románica na E.U.F.P. de E.X.B. de Lugo. Presidente das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego desde o 96. A día de hoxe participa en diferentes colectivos ao tempo que escrebe tres libros e forma parte de tres grupos corais...[ler máis]

Artigos de Fernán Xosé Mourenza Fernández:
*Patrimonio VI "Vai de entroido" (22/05/2007)
*Patrimonio V "Ferreiros" (06/04/2007)
*Patrimonio IV "Conto para lembrar" (21/03/2007)
*Patrimonio III "O zoqueiro" (04/03/2007)
*Patrimonio II "Vai de seitura" (13/02/2007)
*Patrimonio I "Canteiros" (01/02/2007)
*"Malas artes" (21/01/2007)
*"Calidoscopio social" (05/01/2007)
*"Refulxe o País, reaxe o BNG" (06/12/2006)
*"O cantar do vagamundo" (28/11/2006)
*"...E pasaron os unos..." (26/08/2006)
*Por qué un novo Estatuto? (27/06/2006)
*Crise identitaria... (24/03/2006)
*PXOM ou PXE(speculación)? (21/03/2006)
*Cecais... Cultura? (15/05/2005)