Publicidade
Contacto
|
Desde a xanela
*"Calidoscopio social"

Un artigo de Fernán Xosé Mourenza Fernández. (05/01/2007)
A terra, este estupendo planeta onde chantamos os pés e facemos todo xeito de barbaridades, seica está a experimentar un novo proceso de quecemento na codia que a envolve e que é, onde se xermola a vida.
O que susbscrebe estas liñas pregúntase se non será que co quecemento da propia codia terrestre, non será o cerebro humán o que anda a se requentar e por iso, atopámonos a vivir nun mundo ao revés?
Aos israelíes xa non lles abonda coa represión, opresión e marxinación á que levan submetendo desee pouco despois de rematada a IIª Guerra Mundial ao pobo palestino. Pois non, agora, xa se andan a prantexar a recalificación do chan lunar con vistas á súa parcelación.
A piques de rematr o desafortunado 2006 a uns amigos destes señores -os israelíes-, ocorríuselles a flamante idea de se erixiren en xuíces e señores do supremo, do habido e do por haber a prol da defensa por ende dunha democracia tipo ianquilandia. Todo isto de tal xeito que só caben duas posibilidades; ou con eles ou, contra eles.
Evidentemente a discrepancia non ten cabida nun espacio carente de toda ou calquera praxe dialética-digo, democráticamente falando- e xorde, daquela, o inevitábel conflicto; aparece sen nos decatar ese fenómeno tan oportuno ao efecto que lle chaman "terrorismo internacional". E quen son os terroristas?. Pois, oh, casualidade! Fixádevos que coinciden con todas as situacións disidentes co rexime totalitarista do brutal capitalismo, da globalización, do neoliberalismo ou, coma se queira que se lle chame e que encabeza e lideran os EE.UU. dentro do que a sua liña política imperialista practica desde xa hai tempo. Ocorre que agora, con máis belixerancia e, se cabe, tamén vehemencia.
O caso é que capturan a un señor escollido polo seu pobo-e non vou entrar nas cuestións da democracia "husseiniana" pois iso, é cuestión do pobo iraquián-, acúsano por asasino e máis outras cousas, xúlgano e aplícanlle a pena capital sentenciándoo a morrer na forca logo de telo no desgrazadamente famoso "corredor da morte". Si, todo no nome da democracia iraquiana, no nome da mellora na vida do pobo iraquián, no nome da xustiza e até de deus. Manda truco!, non si? Por suposto, todo isto, pasando por riba de organismos supraestatais como a ONU ou, en calquera caso, ninguneándoo para impor a sua lei, a sua política.
O curioso da situación é que o señor Solana, agora chega á conclusión de que en Iraq as cousas non andan ben, non pintan bonitas e que é vai facer o posíbel para que neste estado, se abola a pena de morte. Cecais sexa agora o momento para que esto se plantexe tamén a nível dos propios EE.UU., tan demócratas ellos!. E con iso se regularice ou controle a cuestión da fabricación e venda de armamento, o gasto en educación e sanidade-ou viceversa, que ven sendo o mesmo pero non é igoal -e esas pequenas cousas sen importancia que conforman eso que se da en chamar "calidade de vida" e, ao que todas as persoas por dignidade, temos dereito.
Eu falo do calidoscopio, si, porque o trebello, o mesmo que o mundo, tamén apresenta cores diversas e diferenciadas e tamén, da voltas. Mais ocorre que a diferencia do chirimbolo en cuestión-digo, o calidoscopio-, o mundo semella máis cada vez monocromo e menos multicromático. A paleta cromática está a presentar tintes escuros, tons grisáceos e a un, a lo menos, non lle gosta. Coido que vai sendo tempo xa, de que recupremos o corido, a policromía, as diferencias de formas e matices,... Esto que directa e indirectamente nos afecta ao pobo galego, só pode mudar desde unha óptica dunha forte aposta pola liberdade dos pobos. Craro está, empezando por nós mesmos e extrapolándoo ao resto. A situación vista desde a lente do propio calidoscopio, isto é, desde as alturas, semella anacrónica, pois ven sendo un retomar do esquema social piramidal propio da idade media. Daquela deus era o que xulgaba e metía o medo no corpo co gallo de silenciar de raíz calquera atisbo de revolución, de discrepancia co poder estabelecido cheo de corruptela e poder agochado. Agora o deus medieval aparece trocado e difuminado entre o poder económico de trust, holdings e o poder da forza controlado polos EE.UU. e Israel. Con eles, saen a escea certos mariachis coma Inglaterra, a UE, etc porque, xa o di o saber popular: "quien a buen árbol se arrima... ".
Sexa coma for, o que escribe estas liñas subliña a importancia de recobrar a normalidade social, compre recuperarmos o calidoscopio e con el, tamén as suas cores.
Saúde e Patria!
(c) Fx 05/01/07
Voltar a Opinión
Ir a Novas |
|