Publicidade
Contacto
|
*Fernán Xosé Mourenza Fernández
Fernán Xosé Mourenza Fernández. Nado en Vilamaior de Negral, Guntín de Pallares, Lugo en maio de 1965.
Cursou 1º de EXB con José Mouriz -caricaturista- e logo o resto dos cursos no C.P. "Rosalía de Castro" de Lugo.
Fixo o Bacharelato no I. Mixto Nº 1 "Xoán Montes" de Lugo.
De 1985 a 1988 diplomouse en filoloxía románica na E.U.F.P. de E.X.B. de Lugo namentres se preparou en restauración co Padre Pedro de la Portilla en Samos.
Formou parte do "Orfeón Lucense" desde o ano 1984 até a morte do seu director Don Xosé Castiñeira Pardo.
Entre os anos 88-90 formouse en diferentes campos do laboral e tamén, do traballo social.
Entre os anos 90 e 96, traballou de educador social no Concello de Lugo adscrito ao servizo de atención de minorías étnicas e marxinais xunto coa zona do barrio do Sagrado Corazón da cidade.
Logo de ser simpatizante coas liñas políticas liberais, entra a militar no BNG e na CIG en setembro de 1996. Uns meses máis tarde, asume a presidencia da asociación cultural "Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego" até o momento.
En 1997 asóciase á Mesa pola Normalización Lingüística, AS-PG e Adega onde exerce de colaborador e activista até o momento.
Faise socio da Sociedade Filharmónica Lucense e do Clube Cultural Valle-Inclán.
Entre os anos 1999 e 2005 exerce de coordinador do GCMUS -Grupo de Creación Musical da USC- creando con Fernando Gómez Jácome a "Sección Vocal" do mesmo e da man da súa directora, Inmaculada Cárdenas Serván. Con posterioridade, a "Sección Electrónica" con Arturo Vaquero.
Nestes anos acadou formación musical da man de Inmaculada Cárdenas, Julio Estrada, Llorenç Barber, Martine Praquin, Esperanza Abad, Fátima Miranda, Thomas Clemens, Ana Vega Toscano, Adolfo Núñez e outras autoridades neste ámbito.
Entre os anos 2001 e 2003 -debido á súa afectación renal- asume a presidencia de ALCER-LUGO.
Ten participado en tertulias e debates en diferentes medios locais e tamén como activista en plataformas sociais de corte reivindicativo.
Participa de todo tipo de actos no eido do político, social e cultural.
Gosta da escrita en diferentes espazos e medios e está a escreber tres libros arestora.
A día de hoxe o seu labor, céntrase no ámbito do social e do cultural e forma parte de tres grupos corais: Coro Hospital Xeral-Calde de Lugo, C.P. San Francisco de Asís de Lugo e C.P. Francisco Fientosa de Castro Ribeiras de Lea. Ten colaborado co grupo vocal "Solo Voces" en varias ocasións.
Voltar a Opinión
Ir á Portada
|
|