Publicidade
Contacto
|
Quen é eiquí o encarghado!!??
*A cidade na que nada funciona

Un artigo de Diego Marcos Ramas (12/03/2007)
Despois de case que catro anos de inmigrante na miña propia terra quero deixar agora que marcho unha mensaxe de reflexión aberta a quen queira razoar catro cousiñas da cidade máis grande de Galicia, do noso motor económico que hai ben tempo que tivo que pasar a revisión dos 300.000 habitantes. Unha revisión sobor de cómo chegar a "Vigo polos seus catro costados".
A forma máis habitual e diaria de acercarse a nosa urbe é por terra, na que cruzar esa maxestuasa ponte e poder observar a "ría más bonita del mundo" ten un prezo: trátase da exclavitude da peaxe que nos incomunica para desprazarnos pola nosa propia provincia limitando os accesos á cidade, como nos tempos feudais, ¿Pero non estaba iso xa amortizado??? Para os de Cangas si, para os de Pontevedra non... éche o que hai!
Se "descubrimos Vigo polo mar" cando chegan os Queen Maris II ou o Prince of The Seas, ou calquer outro dos 100 cruceiros que chegan a Vigo todos os anos, ¿Qué é o primeiro que se atopan?? A fantástica zona de "orillamar" no que travestis, prostitutas, e todo tipo de fauna deleitan as delicias (e a sensación de seguridade) dos americo-xermanos visitantes famentos de ostras.
Se te achegas a Vigo polo ar, a parte de ser toda unha aventura dependendo da época do ano na que esteas; tes unha dupla sorpresa: case que a metade do ano hai néboas que impiden a saída ou aterraxe dos voos, polo que empresas como a miña prefiren voar a Santiago, (e coller un taxi até Vigo!) que arriscarse a non aterrar; parece ser que non hai sistema antinéboa que arranxe o tema. Por outra banda, cando o arranxen, para facer calquer movemento no aeroporto haberá que poñer de acordo a tres concellos diferentes nos que está situado Peinador, máis a administración autonómica, máis a administración central, máis a AENA... bueno, nesas estamos...
Pero bueno, non te preocupes porque podes chegar en tren, así no tempo que outra persoa viaxa até Kuala Lumpur, ti con sorte estarás facendo o cambio de vías en Medina del Campo... por non falar dos fabulosos trens do Eixo Atlántico coas sus boísimas comunicacións con Oporto... en fin...
Trátase da cidade na que nada funciona, algunhas cidades vívense, Vigo sófrese.
Voltar a Opinión
Ir á Portada
|
Diego Marcos Ramas (Vilagarcía de Arousa 1980). Estudou Publicidade e Relacións Públicas na Universidade de Vigo en Pontevedra. Xornalista para a cadea Cope nos anos 2001 e 2002 presentando,
editando e dirixindo espazos como "La mañana de la Cope". Creador do magazine "Marcos a Medida" emitido durante o 2002 na mesma cadea. Socio Fundador e Viceopresidente da "Asociación de Xoves Artistas Cuadrante Norte" de 2001 a 2003. Dende o 2003 até marzo de 2007 Director Comercial de Seguros Bilbao (Grupo Catalana Occidente) en Vigo. A partir de abril de 2007 ocupa a Xerencia da oficina de Donostia (Guipuzcoa, Euscadi)... [ler máis]
Outros artigos de Diego Marcos Ramas :
* A cidade na que nada funciona (12/03/2007)
|