ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Desde a xanela

*Cecais... Cultura?

Chuza! esta nova!
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza Fernández. (15/05/2005)

De cote e, cada vez máis perguntámonos "QUE É A CULTURA?".Dentro das múltiples respostas, a un ocórreselle que ben pode ser moi ampla ou, simplificar a cuestión e deixalo en moi simple, depende en certa medida do alcance e importancia que para cada quen teña o asunto en cuestión.Deste xeito, se entendemos o termo Cultura pero, inserido nun plantexamento formal, poderiamos entender a Cultura como o aglutinado de artes do tipo da literatura, a pintura, a escultura, a música, o teatro, o cinema, etc, sen máis mérito que amosar o hedónico e puro deleite da fermosura da obra que agochan estas e máis outras disciplinas mais, nunca como lingoaxes, veiculos de expresión de sensacións, de sentimentos, dos modus vivendi que conforman os pobos, as propias culturas. Pero, se o termo xermola en ampla connivencia co adxectivo popular -isto é, do pobo-, iso xa semella fariña de outro costal e hoxe, perdendo toda esencia do que o sociolóxico implica, remata por se entender -mal entender, en calquer caso- como algo de caráter anecdótica, mesmo folclorista e tamén, vai carregado cun tinte dabondo pexorativo. Sen embargo, as duas posturas entendidas como excisións a unha da outra mudan a sua correlación e terxiversan a sua finalidade de seren refrendo recíproco entre ambas as duas e amosan algo trabucado á posta con craro caráter de plantexamento neoliberalista, globalizador ou capitalista pois o propio termo de Cultura Popular esgota calquera sinonimia de carto, de capital porque aglutina o colectivo, o grupal, o social na esencia de e para todos. Daquela e, por iso esta tipoloxia vai cara a sua imediata desaparición pois non interesa porque non vende nen cotiza en bolsa anque si está chea de valores. Falamos agora da cuestión sociolóxica do termo pois a Cultura per se, é un dereito universal e lexítimo de cada pobo e xa que logo, tamén, de cada individuo, sen exceición e por iso, a cultura da globalización motivada polo pensamento único ou, uniformizado, non ten cabida neste xeito de sentir; a cultura pois, non é nen única, nen global, é universal pero conformada como a suma das diferentes culturas, formas ou manifestacións, sexan do xeito que sexan.

O que suscrebe, propón o plantexamento de entender a Cultura coma o conxunto de rasgos que moldean a nosa maneira de pensar, ser e mesmo sentir reflectido nas nosas propias actuacións co meio e que daquela, nos define e diferencia de outras culturas. Craro está, neste plantexamento, un avoga pola propia, a miña, está definida, é a CULTURA GALEGA, rica, abondosa e xérmolo da esencia dun pobo; o galego. Este plantexamento, xorde, xa que logo, da parte popular e como froito ou derivada dela, xorde a parte formal, non podendo darse, de nengún xeito a segunda, sen a primeira; o ser ten a capacidade para transformar e de ahi, xorde a abstración logo, a forma. Mais é eiquí onde xorde o elemento conflicto, o da foraneidade, o amor e a loa polo foráneo e o conseguinte desprezo, mesmo odio, polo propio. A diagnose semella daquela nidia: colonización ou, aculturalización. E niste senso, compre sermos precavidos e observadores de todo e máis canto nos arrodea -sen caer en posturas extremas- porque diso vai depender a non desaparición total da NOSA CULTURA, noutrora Hércules de titanio que agora, agoniza aos pouquiños polos infinitos recunchos desta sua Nai Patria: GALIZA. Compre entón, por en valor e apostar polo NOSO PATRIMONIO CULTURAL en todos os ámbetos e expresións do termo -que non son poucos, por certo-. Ocorre que para iso, precísase, previamente a asunción do feito de termos conciencia do que somos e onde, como e porque se vive dun ou de outro xeito, sendo condición imprescindíbel, o feito de non nos abergoñar de sermos galegas e galegos, sen máis -nen menos, tampouco­- xermolando así, ao noso carón, conciencia de Pais como ente superior e aglutinador dos individuos nun todo común, igoal pero respeitoso con todo canto signifique diferente.

Malia que semelle curioso, a Cultura, ven sendo só iso, pero tamén todo iso e cada quen engádelle ou quítalle o que estima oportuno e escolle. O que non se pode obviar é que a canto máis se lle retire, menos Cultura e que tamén, dificilmente se pode respectar nengunha cultura ou calquer outra cousa se previamente, non se é quen de respectar a propia porque estamos a falar de sensibilidade e iste non é un termo selectivo, é como a conciencia de País; ou se ten ou, non se ten ainda que se pode acadar sempre que haxa intención e aplomo para facelo. Veleí a está a cuestión.

A NOSA CULTIJRA, semella como a "caixa de Pandora": compre abrila, ainda sen saber o que agocha, e buscar no seu interior porque o importante da vida, sempre se atopa dentro do que a simple vista, semella cativo. E niste senso, é inconmesurábel, que ninguén o dubide.

Saúde, Patria e Cultura!!

(c) Fx 15/05/05


Voltar a Opinión
Ir a Novas

Fernán Xosé Mourenza Fernández

Fernán Xosé Mourenza Fernández (Vilamaior de Negral, Guntín de Pallares 1965). Diplomado en filoloxía románica na E.U.F.P. de E.X.B. de Lugo. Presidente das Brigadas en Defensa do Patrimonio Chairego desde o 96. A día de hoxe participa en diferentes colectivos ao tempo que escrebe tres libros e forma parte de tres grupos corais...[ler máis]

Artigos de Fernán Xosé Mourenza Fernández:
*Patrimonio VI "Vai de entroido" (22/05/2007)
*Patrimonio V "Ferreiros" (06/04/2007)
*Patrimonio IV "Conto para lembrar" (21/03/2007)
*Patrimonio III "O zoqueiro" (04/03/2007)
*Patrimonio II "Vai de seitura" (13/02/2007)
*Patrimonio I "Canteiros" (01/02/2007)
*"Malas artes" (21/01/2007)
*"Calidoscopio social" (05/01/2007)
*"Refulxe o País, reaxe o BNG" (06/12/2006)
*"O cantar do vagamundo" (28/11/2006)
*"...E pasaron os unos..." (26/08/2006)
*Por qué un novo Estatuto? (27/06/2006)
*Crise identitaria... (24/03/2006)
*PXOM ou PXE(speculación)? (21/03/2006)
*Cecais... Cultura? (15/05/2005)