ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Arroutadas do ambiente

*Transportes de terceiro mundo: outra traxedia para Galiza

Chuza! esta nova!
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (26/07/2006)

O accidente do tren que nos une coa Europa non peninsular voltou por en destaque a inferioridade en que se encontra Galiza en canto a comunicacións. O tren que que descarrilou ia a exceso de velocidade (apenas 60/hora!, pois tiña que ir a 30!). Non podemos consentir que o problema se centre na cupabilidade do conductor. A seguridade dos viaxeiros non pode depender dun posible fallo humano. Non nos tempos da informática, dos GPS, e da alta tenoloxia. A problemática dos transportes volta coller actualidade. En Galiza temos un deficit enorme neste eido. Non se treata de construir estradas indiscriminadamente, como se ven facendo para atender as necesidades propagandisticas dos partidos políticos. Temos que apostar por uns transportes enerxeticamente sustentaveis e eficaces. O transporte por tren é o mais rentavel do ponto de vista enerxético, e desde todos os pontos de vista. Un tren non ten por que chegar con retardo se todas vias estan ben acondicionadas.

A rede ferroviaria básica é o sistema mais económico de transporte, mas ten que estar actualizada e coidada. Non é necesario viaxar a altisimas velocidades, como o que representa o AVE. Este é mui caro, tanto na construcción como para os usuarios. Mas, na actualidade ningún tren dos clásicos viaxa a unha media de 100 ou 150 Km/hora que seria unha velocidade aceptavel para garantir unhas comunicacións eficientes.

Unha sociedade que pretenda ser moderna ten que ter unhas boas comunicacións tanto internas, que a cohesionen, e có exterior. As comunicacións con Portugal, estratéxicas no desenvolvimento da nosa economia, son na prática, inoperantes por via férrea. O camiño de ferro que nos conecta con Francia, e có resto de Europa é antigo e inefeicaz. Polo que respeta aos transportes internos impensables na Galiza senon é en autobús, ou entón en viatura privada. Dis que non é rendivel o transporte por camiño de ferro. Se non é eficaz a xente o abandona, e se non hai clientes as perdas son esperaveis.

ADEGA propón un plano de transportes baseado na aposta por un moderno ferrocarril mixto de pasaxeiros/mercadorías de alta velocidade que una as principais cidades do país e millore as comunicación co resto da Península Ibérica. A creación dunha liña de ferrocarril entre Santiago e Lugo debe de ser un obxectivo inaplazábel e preferente fronte a outras infraestructuras. Asi como as comunicacións con Asturias. O concepto de comunicacións radial central debe ser modificada polo plantexamento de rede espacial.

Estamos demasiado obsesionados pola construción de estradas, que teñen un alto custo ambiental e deseñan o territorio e incrementan o gasto e a dependencia enerxética.

E esto có agravante de que Galiza empregou a maioria dos fondos europeos en infraestructuras de transporte. Grandes obras. En autoestradas, e agora o espexismo do AVE. Mentras as vias de comunicacións dos “pobres”, dos que non teñen coche ou non poden conducir, ficaran abandonadas. Estas son as vias que temos que promocionar, pola sua función social, polo aforro enerxético que representan, e pola independencia do petróleo que implican.

A RENFE é un servizo público. Ten que primar a sua función social sobre a rendibilidade económica.

Voltar a Opinión
Ir á Portada

Adela Figueroa Panisse

Adela Figueroa Panisse é Presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Catedrática de Bioloxia/Xeoloxia no IES Lucus Augusti, Lugo.

Outros artigos de Adela Figueroa Panisse:
*O mar litoral: A mellor piscifactoria Un artigo de Adela Figueroa Panisse (16/02/2007)
*Que acontece có noso estatuto? Un artigo de Adela Figueroa Panisse (13/02/2007)
*Transportes de terceiro mundo: outra traxedia para Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (26/08/2006)
*Evidentemente algo fallou, na prevision, e Galiza arde Un artigo de Adela Figueroa Panisse (11/08/2006)
*Lua chea de veran compite có lume para alumer Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/08/2006)
*Lóuzara e Fiz Vergara Vilariño Por: Adela Figueroa Panisse (27/06/2006)
*Os bons mestres: Lembranza de Don Gregorio Por: Adela Figueroa Panisse (03/05/2006)
*Primavera: renovación e promesa da vida Por: Adela Figueroa Panisse (20/03/2006)
*Urbanismo descontrolado: privatizar... Por: Adela Figueroa Panisse (01/03/2006)
*Rios vivos: A seiva da Terra Por: Adela Figueroa Panisse (31/01/2006)
*SALVE RADIO GALEGA! Por: Adela Figueroa Panisse (09/01/2006)
*Dazaoito de xullo. 69 anos despois Por: Adela Figueroa Panisse (18/07/2005)
*Un outro mundo é posible: Galiza tamén Por: Adela Figueroa Panisse (27/04/2005)