ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Arroutadas do ambiente

*Os bons mestres: Lembranza de Don Gregorio

Chuza! esta nova!
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (03/05/2006)

Neste pasado fin de semana celebrouse en Lugo o encontro Galaico-Portugues de Educadores pola paz. Infelizmente non puiden asistir, mas leo na documentación que chegou ás miñas maus, un escrito de Antón Costa Rico, que comeza coa semblanza deste mestre exemplar. Como tantos outros. Aqueles mestres da República, que sementaran o xermolo da nobleza e confianza nos valores positivos do ser humano. A apertura das mentes na crenza que a cultura pode ser a grande liberadora das clases mais desfavoridas. Eu fun aluna de Don Gregorio. Del aprendin muitisimas cousas, desde a maxia e maravilla do nº pi 3,1416, ata doctrina (como se dicia antes). Aprendin dignidade, afectividade, convivencia. Ensinoume a disciplina da escrita e da leitura. Foi o complemento da aprendizaxe do Colexio Fingoi. Muitas mulleres da miña edade non tiveron o privilexio de unha educación laica, mixta, e apolítica. A maioria sofriron a educación das monxas, e da teoria do Movimento. Eu iso recibino só cando fun ao Instituto, que, como era ensino oficial, estaba totalmente politizado polo “Glorioso Movimento Nacional”, e mesmo tiña un Director Espiritual, que nos asustaba có inferno e obrigaba a facer Exercicios Espirituais. Mas os fundamentos da liberdade e da dignidade humana xa os recibira tanto de Don Gregorio Sanz, como do Colexio Fingoi que dirixia Don Ricardo Carvalho Calero.

Hai a quen lle molesta que se devolva á lembranza dos represaliados por culpa daquela guerra cruel e destructora de ilusións. Mas eu penso que non é senón xustiza. Mas é unha xustiza tamén para nós. Porque se nos furtou a posibilidade de sermos persoas no mais amplo sentido da palabra. Porque se cortaron as ilusións dun povo, cando estas estaban apenas a agromar. Hai alguns pobres de espírito que din aquelo de: "Eu tiven toda a liberdade que precisei". Só podo sentir fonda pena por eles. Porque nen sequera chegaron a enxergar as posibilidades do seu desnvolvimento. A guerra incivil coutou de raiz as ilusións de crermos nun mundo mellor. Fíxo de nos seres desconfiados, rexeitadores das ilusións, porque nos mostrou que estas poden matar. Secou a capacidade de criatividade que todos os humanos temos dentro de nós, como secan as árbores cando a xiada as apaña em primavera cos rebentos por abrir. Neste tempo de crise de valores, cando se prima o ter sobre o ser, unha ollada a nosa historia mais recente é saudavel, porque “os povos que ignoran a sua historia están condenados a repetila”. 

Voltar a Opinión
Ir á Portada

Adela Figueroa Panisse

Adela Figueroa Panisse é Presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Catedrática de Bioloxia/Xeoloxia no IES Lucus Augusti, Lugo.

Outros artigos de Adela Figueroa Panisse:
*O mar litoral: A mellor piscifactoria Un artigo de Adela Figueroa Panisse (16/02/2007)
*Que acontece có noso estatuto? Un artigo de Adela Figueroa Panisse (13/02/2007)
*Transportes de terceiro mundo: outra traxedia para Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (26/08/2006)
*Evidentemente algo fallou, na prevision, e Galiza arde Un artigo de Adela Figueroa Panisse (11/08/2006)
*Lua chea de veran compite có lume para alumer Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/08/2006)
*Lóuzara e Fiz Vergara Vilariño Por: Adela Figueroa Panisse (27/06/2006)
*Os bons mestres: Lembranza de Don Gregorio Por: Adela Figueroa Panisse (03/05/2006)
*Primavera: renovación e promesa da vida Por: Adela Figueroa Panisse (20/03/2006)
*Urbanismo descontrolado: privatizar... Por: Adela Figueroa Panisse (01/03/2006)
*Rios vivos: A seiva da Terra Por: Adela Figueroa Panisse (31/01/2006)
*SALVE RADIO GALEGA! Por: Adela Figueroa Panisse (09/01/2006)
*Dazaoito de xullo. 69 anos despois Por: Adela Figueroa Panisse (18/07/2005)
*Un outro mundo é posible: Galiza tamén Por: Adela Figueroa Panisse (27/04/2005)