ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Arroutadas do ambiente

*O mar litoral: A mellor piscifactoria

Chuza! esta nova!
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (16/02/2007)

Segundo noticias recentes o Consello da Xunta de Galiza, ven de declarar a ampliación da granxa de peixes da Stolt en Quilmas-Carnota (ampliación) (nova criazón) de interese supramunicipal, asi como a criazon dunha nova planta de acuicultura en Baroña-Porto do Son.

Para ADEGA, as actividades de cultivo mariño deben ser olladas desde a optica de que é o mar o medio en que os seus habitantes se desenvolven mellor. As plantas de cultivo de rodaballo ,linguado ou polvo que se estan a espallar pola nosa costa non son unha garantia de producción sustentale desde variados pontos de vista(ver www.adega.info diferentes traballos e informes). En primeiro lugar porque os peixes en cautividade non están submetidos á normal selección natural de predatores, doenzas ou procura do alimento. Todo esto debe de serlles administrado, para reducir á sua natural mortandade e garantir asi a rendibilidade da produción.

Alén diso, estes peixes son carnívoros mariños, polo que han de ser alimentados con fariñas elaboradas con peixes ou dexectos destes, como espiñas ou peles procedendes, na sua maioria do proceso de fileteado. A elaboración destas fariñas faise a custo dos cardumes de peixes de baixo valor comercial. Chile é un grande productor destas fariñas , mas tamén existen en España fábricas como por ex. Nutreco, ou Pescanova, que tamén teñen piscifactorias.

Chámase Factor de Conversión, á cantidade de peixe non comercial, necesario para porducir 1 Kg de peixe comercial como lubina(Robaliza) rodaballo , ou linguado ou polvo (cefalópodo).

Necesítanse aprox. 4,8 Tm de peixe para facer 1Tm de fariña.Esta mistúrase con productos de orixe vexetal e aceites de peixes para facer o pienso.Oficialmente se considera como valor medio para a industria salmoneira o de 1,2. É dicir , necesítase 1,2 tm de pienso para cada Tm de peixe producido que equivalen, en total a 1,7 Tm de peixe salvaxe por cada Tm de peixe cultivado,segundo o informe do Cluster . Se a esto lle sumamos os consumos por fabricación, e transporte, temos que cada Tm de peixe de granxa obtense a custo dun considerable desprendimento de CO2 mais unha explotación indiscriminadad dos oceános pola pesca masiva de peixes cuias povoacións non están baixo o control dos estados. Eses bancos de peixes, xogan o seu papel no ecosistema. Forman parte da biodiversidade dos oceanos, e das suas cadeas tróficas. A sua escaseza provoca un empobrecimento masivo da vida dos mares , no seu conxunto.

Disminución del potencial biológico
Segundo un recente informe da FAO,na actualidade constatase unha progresiva diminución do potencial biolóxico mariño pola degradación de los océanos. A mar , ainda é rica , en muitos aspectos,mais xa non é válida a vella idea de que podia nos fornecer de alimentos de xeito ilimitado, pois a cruda realidade é que as áreas fértiles do mar fican cada vez más restrinxidas.

É dicir, que diminuiran as posibilidades de uso tanto de aguas como de praias da beira- mar.

Piscifactorias e emprego
Está , por outra parte o engado dos postos de traballo que poden criar as piscifactorias. Na práctica, en Galiza apenas uns 270 no total para as plantas de rodaballo, que aliás , disfrutan dun 50% de subención para os seus gastos de instalación. Segundo o Instituto Nacional de Estatistica de Galiza, na maioria non superan os 50 traballadores, sendo o numero de 10 na maioria.

Danos nos ecosistemas litorais
Temos que ter en conta , ademais a contaminación que estas industrias producen nos seus efluentes.Contaminación orgánica, parásitos,restos de sustancias químicas como antibióticos, perigo de introdución de especiaes foráneas, etc) Xa nas alegacións que ADEGA presentou ao Plan Sectorial de Tecnoloxia Pesqueira, recentemente publicado e non ainda aprobado, indicaba a necesidade de protexer a costa da contaminación procedente dos efluentes das piscifactorias que , no Plan non aparecen indicados con claridade. Tamén ADEGA alega que deberian ficar isentas destas usinas as zonas de Protección Ambiental como Rede Natura ou outros lugares sometidos ás diferentes figuras de protección ( vide www.adega.info). Agora encontrámonos que, antes de ser o Plan Aprobado, concédeselle ampliación a Stolt en Carnota, e nova criación en Baroña. Duas zonas a proteger.

Estas fábricas deberian ser concebidas para coexistir coa pesca de baixura. En Lira, a beira de Carnota existe un programa escepcional de cultivo e portección do mar litoral, elaborado pola confraria de Lira e apoiado por ADENA e o Ministerio de Medio Ambiente de España. Este Plan organiza en Lira unha serie de áreas de resguardo dos recursos mariños , có obxectivo de protexer as zonas de reprodución e os caladoiros de pesca mediante un sistema de xestión sostible.O propio Emilio Pérez Touriño,deu o seu apoio a este proxecto de reserva mariña .

Non entendemos como se acaba de aprobar , entón, a citada ampliación e nova criacion de granxas mariñas, sob esa figura de interés supramunicipal, en clara competencia desleal coas prácticas tradicionais, que parecian ter encontrado a sua oportunidade neste mundo de aloucada carreira de enriquecementos a curto prazo para un número pequeno e privilexiado de persoas, pondo en perigo o futuro dos nosos mares.

Desde ADEGA decimos que a mellor piscifactoria é o mar. En particular o mar litoral como o das nosas rias, que deberian ser mimadas e protexidas na sua principal función de productoras de vida. Véxase senon a produción de mexilons, asi como dos outros bivalvos. Esa é unha riqueza que da muitos postos de traballo , directos e indirectos, e que debe ser ben cuidada para conservar o beneficio da denominación de orixe que da valor acrescentado. É unha maneira barata de producir proteina de orixe animal e de alto valor biolóxico. As rias deberian de ser saneadas de xeito integral, como aconsella a convección OSPAR, que España asinou,como parte contratante, como toda a U.E. no 98 e que deu pe para elaboración no 2006 do libro verde do mar , en que se especifica como obxectivo federar os meios das partes contratantes para, globalmente, asegurar a mellor conservación posible do espacio mariño do Norte nun espirito de Desenvolvimento Perdurable. Esta convención foi a antesala para a elaboración do Libro Verde do Mar publicado en 2006, que recomenda , especialmente, o cuidado e atención dos mares costeiros e dos ricos ecosistemas mariños que acubillan.

Voltar a Opinión
Ir á Portada

Adela Figueroa Panisse

Adela Figueroa Panisse é Presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Catedrática de Bioloxia/Xeoloxia no IES Lucus Augusti, Lugo.

Outros artigos de Adela Figueroa Panisse:
*O mar litoral: A mellor piscifactoria Un artigo de Adela Figueroa Panisse (16/02/2007)
*Que acontece có noso estatuto? Un artigo de Adela Figueroa Panisse (13/02/2007)
*Transportes de terceiro mundo: outra traxedia para Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (26/08/2006)
*Evidentemente algo fallou, na prevision, e Galiza arde Un artigo de Adela Figueroa Panisse (11/08/2006)
*Lua chea de veran compite có lume para alumer Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/08/2006)
*Lóuzara e Fiz Vergara Vilariño Por: Adela Figueroa Panisse (27/06/2006)
*Os bons mestres: Lembranza de Don Gregorio Por: Adela Figueroa Panisse (03/05/2006)
*Primavera: renovación e promesa da vida Por: Adela Figueroa Panisse (20/03/2006)
*Urbanismo descontrolado: privatizar... Por: Adela Figueroa Panisse (01/03/2006)
*Rios vivos: A seiva da Terra Por: Adela Figueroa Panisse (31/01/2006)
*SALVE RADIO GALEGA! Por: Adela Figueroa Panisse (09/01/2006)
*Dazaoito de xullo. 69 anos despois Por: Adela Figueroa Panisse (18/07/2005)
*Un outro mundo é posible: Galiza tamén Por: Adela Figueroa Panisse (27/04/2005)