ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Arroutadas do ambiente

*Lua chea de veran compite có lume para alumer Galiza

Chuza! esta nova!
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/08/2006)

Onte, 8 de agosto foi lua chea. A mesma lua que alumea Galiza, Bretaña ou Líbano. Desde Bretaña unha fermosa noite de luar axuda aos labregos a recoller o trigo. Eles comparten ou alugan a maquinaria, polo que esta traballa de noite e de dia. Unha boa distribución da función das terras fai imposible os incendios, cando estas se empregan en dar de comer ao gando e as persoas. No xornal do País –“Ouest-France”– leio: <<En Galice, près de cent foyers, dont une quaranteine sous controle, etain recensés. La majorité de ces incendies sont volontaires>>. Falan incluso de crime organizado.

As terras abandonadas e as explotacións forestais de monocultivos (eucaliptus, piñais) sobredimensionadas fan que os bosques da nosa terra sexan bombas incendiarias fáceis de prender. Non é posible continuar coa política agrícola e forestal herdada de anos de abandono e de mala intervención do monte e das terras de labor. Sábese que a maioria dos incendios, na Galiza son provocados.

Antes fórono por unhas causas e agora seranno por outras. O que non é admisible é facer desta desgracia xeral que nos vai afectar a todos, política partidaria como vemos ao Sr Rajoy ou os seus amigos agora.

Nesoutro dia, en Carnota, mentras cantava Mª do Ceo, un estralo de bomba foi seguido aos poucos minutos dunha chama incendiaria no bosque. Pregúntome: A quen beneficia esta onda repentina de incendios?

Onte baixo aquele fermoso luar, na tranquilidade dos campos da “presque ile sauvage” da costa norte de Bretagne, pensaba que aquela mesma lua non seria visible na miña terra oculta baixo imensas nuves de poeira que estan facendo chover cinsa sobre as nosas cabezas e sobre as nosas almas. A única nuve de pó que eu veia era a que levanta a terra ao segar os trigo. Sentín a choiva da cinsa destructiva. Desde aqui quero enviar a miña solidariedade con todos os que están loitando contra os incendios desde todos os lados.

Temos que unir as forzas todas do país para loitar contra o lume e para evitar, de unha vez por todas, que esto volte a acontecer. Penas exemplares para os culpables, se se encontran, e política forestal racional que dificulte os incendios. NUNCA MÁIS.

Paimpol, 9, agosto, 2006.

Voltar a Opinión
Ir á Portada

Adela Figueroa Panisse

Adela Figueroa Panisse é Presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Catedrática de Bioloxia/Xeoloxia no IES Lucus Augusti, Lugo.

Outros artigos de Adela Figueroa Panisse:
*O mar litoral: A mellor piscifactoria Un artigo de Adela Figueroa Panisse (16/02/2007)
*Que acontece có noso estatuto? Un artigo de Adela Figueroa Panisse (13/02/2007)
*Transportes de terceiro mundo: outra traxedia para Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (26/08/2006)
*Evidentemente algo fallou, na prevision, e Galiza arde Un artigo de Adela Figueroa Panisse (11/08/2006)
*Lua chea de veran compite có lume para alumer Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/08/2006)
*Lóuzara e Fiz Vergara Vilariño Por: Adela Figueroa Panisse (27/06/2006)
*Os bons mestres: Lembranza de Don Gregorio Por: Adela Figueroa Panisse (03/05/2006)
*Primavera: renovación e promesa da vida Por: Adela Figueroa Panisse (20/03/2006)
*Urbanismo descontrolado: privatizar... Por: Adela Figueroa Panisse (01/03/2006)
*Rios vivos: A seiva da Terra Por: Adela Figueroa Panisse (31/01/2006)
*SALVE RADIO GALEGA! Por: Adela Figueroa Panisse (09/01/2006)
*Dazaoito de xullo. 69 anos despois Por: Adela Figueroa Panisse (18/07/2005)
*Un outro mundo é posible: Galiza tamén Por: Adela Figueroa Panisse (27/04/2005)