ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Arroutadas do ambiente

*Lóuzara e Fiz Vergara Vilariño

Chuza! esta nova!
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (27/06/2006)

Adicado a Aurea, Carolina, Catuxa, Uxia e todos os nenos e nenas de ollos abertos para ver a fermosura da vida.

No dia 24 de xuño voltouse celebrar a viaxe literaria, polas fermosas terras de Loúzara que a Asociación Ergueitos de Sarria ven organizando desde hai 6 anos, en lembranza do grande poeta daquelas terras, Fiz Vergara Vilariño.

Foi un fermoso dia dedicado á cultura na mais fonda expresión deste termo. Non só o desfrute das conversas con amigos e xentes sensibilizadas por este país Galiza, coas que partillamos a crenza na sua capacidade criativa,  o sentimento da fermosura da sua paisaxe e o gratificante do cultivo dos sentidos: a visión do verde das follas dos pradairos que forman a rexia cúpula natural fronte á Fonte da Cova, tremendo na lene brisa e matizadoras da luz. A refrescante nacencia das augas nas pedras calias que forman a cova, como un milagre de vida permanente. O delicado son do contrabaixo tanxido por Carlos Méndez, mentras a música de E. Bloch, G. Bottesini J. T. Willians, sobresalia harmónicamente sobre o xurdo rumor de fundo executado polas follas das árbores e as augas correntías. As poesias do Fiz lidas en sua homenaxe, incrústáronse no cadro nunha simbiose coa pedra, a i-auga, o verde das follas ou o pardo do chan tapizado da frouma de follas secas. Fentos como as “clavarias lunatun” e brions bordean o espazo colaborando con este goce dos sentidos. O grupo humano que participou do evento era tamén vital, adultos e meniñas/os, todos disfrutaron con grande atención dos actos. Ver a estas/es pequenos/as ollar e escutar a música e as poesias con tanta concentración, nos indica que a beleza  sempre atinxe o espíritu.

Tivemos o privilexio de pasear polas beiras do Lóuraza e de voltar a contemplar a cascata da “Augadalta” que deita as augas en fervenza sobre un muro de pedra calia .

Nestas terras, a poucos metros do val, explótase unha canteira desta pedra, para ser moida como áridos. Na canteira atópanse cristalizacións de calcita, que forman estalactitas, que poidemos ver nas beiras da baixada a Santalla, e pedras de mármore do Incio, que poderia ser utilizado como tal, traballado e vendido con valor acrecentado, en lugar da simpleza da moida para recheos.

Na próxima vila de Sarria celebrábase o San Xoan: Mª del Monte, Camela e touros como atracción.

A cultura cultívase, tanto para aprender a disfrutar da vida e axudar a identificármonos con o noso país, con nos mesmos, valorando as nosas posibilidades de desenvolvimento, ou  para  desarraigármonos, espedírmonos das nosas raices, e facer de nos persoas adoceadas, colonizadas culturalmente polo alleo, fomentando o autoodio, trabando  as nosas capacidades reividicativas e de afirmación.



Voltar a Opinión
Ir á Portada

Adela Figueroa Panisse

Adela Figueroa Panisse é Presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Catedrática de Bioloxia/Xeoloxia no IES Lucus Augusti, Lugo.

Outros artigos de Adela Figueroa Panisse:
*O mar litoral: A mellor piscifactoria Un artigo de Adela Figueroa Panisse (16/02/2007)
*Que acontece có noso estatuto? Un artigo de Adela Figueroa Panisse (13/02/2007)
*Transportes de terceiro mundo: outra traxedia para Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (26/08/2006)
*Evidentemente algo fallou, na prevision, e Galiza arde Un artigo de Adela Figueroa Panisse (11/08/2006)
*Lua chea de veran compite có lume para alumer Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/08/2006)
*Lóuzara e Fiz Vergara Vilariño Por: Adela Figueroa Panisse (27/06/2006)
*Os bons mestres: Lembranza de Don Gregorio Por: Adela Figueroa Panisse (03/05/2006)
*Primavera: renovación e promesa da vida Por: Adela Figueroa Panisse (20/03/2006)
*Urbanismo descontrolado: privatizar... Por: Adela Figueroa Panisse (01/03/2006)
*Rios vivos: A seiva da Terra Por: Adela Figueroa Panisse (31/01/2006)
*SALVE RADIO GALEGA! Por: Adela Figueroa Panisse (09/01/2006)
*Dazaoito de xullo. 69 anos despois Por: Adela Figueroa Panisse (18/07/2005)
*Un outro mundo é posible: Galiza tamén Por: Adela Figueroa Panisse (27/04/2005)