Publicidade
Contacto
|
Arroutadas do ambiente
*A falsa dialectica entre esquerda e dereita

Un artigo de Adela Figueroa Panisse (05/04/2007)
Na actualidade estamos asistir á unha percepción da realidade social que nos empurra, como unha enxurrada potente, a dividir o noso mundo en dereitas ou esquerdas.
Alerto do perigo no que podemos caer os cidadans . Desde o ensino deberiamos ter fortalecido o Pensamento Alternativo e a Independencia de Criterio, como elementos indispensables na formación dos ciudadanos. A Democracia é o menos malo dos sistemas como dicia Churchil. Mas é muito mais fraxil que os sistemas dictatoriais.
Porque esixe a corresponsabilidade de todos os seus utentes. Limitar o espectro político a dereitas ou esquerdas conduce a unha dictadura simulada.
Desta maneira os políticos profisionais sempre saen beneficiados. A oportunidade que teñen de tocar poder limitase ao 50%. Unhas veces tócalles a uns, outras aos contrarios.
Todo resulta simples: demonizar aos que non son dos teus. Glorificar aos teus. Pérdense os matices que caracterizan a vida e a fan tan rica.
A sociedade, como os ecosistemas, non é branca ou negra. Ten todas as cores do arco-da-vella. Vémolo en todas as plataformas cidadans que se están a activar polo pais adiante. Nelas incorpóranse persoas de mui variada ideoloxia, unidas por un obxectivo común: solucionar un problema candente que lles vai afectar ás suas vidas. Nestas Plataformas non se está a procurar votos para este ou aquel partido. Xurden ante a incapacidade dos governos locais ou xerais para resolver os problemas directos dos cidadans. Representan o mais xenuino da Democracia: A Sociedade Civil Organizada.
Aos políticos profisionais, esto desconcertalles, porque lles obriga a dar explicacións e aterse ao cumplimento do estado de dereito.
Para anular a forza da Sociedade Civil Organizada tentan reducir todo á simples dialectica esquerda/dereita e, desta maneira, xustificanse. Baste dicir que son de dereitas, ou da esquerda según conveña. Non hai porque atender á viciñanaza na sua demanda de soluciones. Baste con encasillala no partido contrario.
O Partido Popular emprendeu unha cruzada de radicalizacións das suas posturas, abrindo unha fonda fenda entre eles e todos os demais. Eu incluso dubido que esté facendo unha casa cómoda para muitos dos seus membros. Esta actitude beneficialle ao PSOE, porque pode provocar unha reacción de fechar filas entre os "non simpatizantes" da dereita.
Mas o mundo é plural . Esto é Europa . Unha ampla rexion do mundo onde se cruzaron as mais variadas tendencias e ideloxias. Somos herdeiras/os de guerras crueles e de glorias únicas na historia da humanidade. Aqui se xestou a idea mais fermosa da convivencia humana : "O governo do povo, para o povo e polo povo".
Non nos deixemos levar polos maniqueismos, cainizando a todo aquel que ten unha idea diferente da nosa. Non despreciemos a oposición como se de enemigos se tratase.
España ten unha triste lembranza deste bipartidismo, cando a esquerda, acurralada pola dereita de inspiración Nazi (Nacional socialismo, español) veuse na necesidade de constituir o Frente Popular no 36. Este gañou as eleizons, xa o sabemos, mas aquela terrible dereita fixo e gañou unha guerra cruel.
Paralizouse a nosa historia e destruíronse tantos e tantos valores que ainda hoxe estamos a curar as feridas que ficaron daquela triste contenda.
Non voltemos cometer o mesmo erro. Participemos da fermosura que da a variedade de pertencer ao ecosistema social humano.
Voltar a Opinión
Ir á Portada
|
|