ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Ligazóns patrocinadas:


Arroutadas do ambiente

*Evidentemente algo fallou, na prevision, e Galiza arde

Chuza! esta nova!
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (11/08/2006)

Nestes momentos de crise compre tirar das nosas propias forzas e camiñar cara a diante. Os incendios, mellor dito o ataque incendiario que esta a sofrer a Galiza en toda a sua extensión, non pode ser debido ao acaso. Non hai lei da probabilidade que poida xustificar o que esta a acontecer. Como dicia aquel anuncio, agora case premonitorio, o lume é a peor arma de fogo que existe. E como tal é que foi utilizado.

Diante deste drama e deste desastre ecoloxico, compre duas reflexions:
1) A quen beneficia o lume.
2) Que se fixo mal que deba ser corrixido para evitar ou, cando menos dificultar esta hecatombe.

Para as duas cuestions, ocorreseme reflectir que todos pecamos de inxenuos. A capacidade de incendiar é muito maior da que se tiña previsto. A capacidade de prever era muito menor da que se esperaba. Por iso é que digo inxenuos. Non se contou con que muitos concellos non ian colaborar. Non se contou coa inmensa capacidade incendiaria dos bosques sen limpar, en encostas ou de especies ignífugas. Non se contou coa existencia de métodos de prender lume muito mais eficaces e sofisticados dos habituaiais. Non se contou con que habia sectores da populación interesados en que non pasase este veran sen arder. Non se contou tampouco con unha climatoloxia favorable aos incendios, que, por outra parte, sempre existiu.

Mas nunca tiña acontecido esta explosión repentina e simultánea incendiaria. Para alen diso arden tanto as especies pirófitas como as frondosas. O dano en saude tanto ecoloxica como humana é enorme. As persoas estan a respirar un ar contaminado, con dano para as suas vias respiratorias, e os solos fican empobrecidos a todos os niveis. Os restos de materia carbonizada acaban por cair nos rios e rias, danando a vida que se cria nelas. Nesoutro dia falei con unha mariscadora de Vilaxoan. Diciame: Atacannos por terra agora antes foi polo mar, só fica o ar, mas polo que sabemos nen iso queda. Mas tamén dicia: Se escrebes ou falas nalgún medio di que as galegas e galegos vamos sair para adiante, ainda que algúns non o queiran. Porque lle votamos valor. Non se trata de eximir de responsabilidades ao governo. Tampouco de criticar gratuitamente, pois como ben se sabe o falar non ten cancelas.

Agora trátase de trabar a ola de incendios, e de coidar que non se reproduzan ou extendan. Recoñezo o empeño por lle poñer remedio a esta situación e a transparencia informativa, coa comparecencia diaria dos responsables do governo. Non se negou a evidencia da gravedade, como os vellos políticos nos tiñan acostumados. Pediuse a interveción das forzas civis e militares, non como no caso do Prestige, que se lles tivo parados un tempo precioso. As formas son de todo diferentes, e iso e de recoñecer. Mas a eficacia da prevención non foi tal. Isto non debia ter sucedido. Posiblemente non se valoraron os resortes que funcionan no medio rural. Nen a capacidade incendiaria deste terrorismo ecolóxico.

Como se fixera no caso do Prestige debemos reclamar a opinión e colaboración dos expertos, tanto en temas forestais, como en socioloxia, e das xentes que viven do monte e do agro. Agora a poblacion civil volta a movilizarse. É un caso de urxencia, como o do Prestige. E farémolo como o fixemos antes. Nunca Máis, que representa a esta poboación civil, que integra tanto a colectivos como individualidades, convoca a unha manifestación en Compostela, tamen asediada polas chamas, para o domingo 20 de agosto. Ali estaremos para proclamar que hai xente que lle quere a este pais de Galiza, e que vai seguir loitando pola sua dignidade e para que a xente que decida traballar e vivir aqui o poida facer con base as riquezas naturais que temos e a nosa capacidade criativa. Mantendoas e incrementandoas de maneira perdurable. Ali estaremos para mostrar a nosa soliedariedade coas xentes que levan dias e dias traballando arreo para salvar o que se poida do lume. Tamen para mostrar a nosa disposición a colaborar nas tarefas que se coordenen, tanto desde a administración como desde os colectivos como ADEGA para traballar no voluntariado.

Paimpol, 11, agosto, 2006.

Voltar a Opinión
Ir á Portada

Adela Figueroa Panisse

Adela Figueroa Panisse é Presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Catedrática de Bioloxia/Xeoloxia no IES Lucus Augusti, Lugo.

Outros artigos de Adela Figueroa Panisse:
*O mar litoral: A mellor piscifactoria Un artigo de Adela Figueroa Panisse (16/02/2007)
*Que acontece có noso estatuto? Un artigo de Adela Figueroa Panisse (13/02/2007)
*Transportes de terceiro mundo: outra traxedia para Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (26/08/2006)
*Evidentemente algo fallou, na prevision, e Galiza arde Un artigo de Adela Figueroa Panisse (11/08/2006)
*Lua chea de veran compite có lume para alumer Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/08/2006)
*Lóuzara e Fiz Vergara Vilariño Por: Adela Figueroa Panisse (27/06/2006)
*Os bons mestres: Lembranza de Don Gregorio Por: Adela Figueroa Panisse (03/05/2006)
*Primavera: renovación e promesa da vida Por: Adela Figueroa Panisse (20/03/2006)
*Urbanismo descontrolado: privatizar... Por: Adela Figueroa Panisse (01/03/2006)
*Rios vivos: A seiva da Terra Por: Adela Figueroa Panisse (31/01/2006)
*SALVE RADIO GALEGA! Por: Adela Figueroa Panisse (09/01/2006)
*Dazaoito de xullo. 69 anos despois Por: Adela Figueroa Panisse (18/07/2005)
*Un outro mundo é posible: Galiza tamén Por: Adela Figueroa Panisse (27/04/2005)