ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Opinión

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


Arroutadas do ambiente

*Que acontece có noso estatuto?

Chuza! esta nova!
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (13/02/2007)

"Somos gale@s e não nos entendemos".
Asi como frase feita existe no brasil, actualmente, mas está documentada desde a edade media. Será que teremos algo nesta fermosa terra que nos impida chegar a un acordo social?, algunha xacia do Navia de longos cabelos roxos?, unha princesa moura que ficase presa nalgun penedo misterioso? ou un exercito de invisiveis trasnos que fican ainda nalgunha desas nosas fragas "autoctonas" resistentes á progresiva uniformidade dos monocultivos impostos na procura da rendibilidade a curto prazo dos nosos montes?.

Non eu non creio en ningunha maldición telúrica nen histórica. Tampouco acredito nos tópicos que nos definen como povo individualista e dado ás brigas "pola custion dun regueiro". Si que acredito que somos un povo como calquera outro, condicionado pola sua historia polo seu ambiente e pola sua economia.

No 2005 ante as elizons que se aproximaban, ADEGA declaraba: O novo Estatuto de Autonomía será a máxima norma galega. Reflexará cómo a cidadanía galega se vé.

Xa no 2006 na comparecencia de ADEGA diante da Comisión Parlamentar para a elaboración do novo Estatuto, declarábase:

Galiza é unha Nazón, definida pola sua cultura, lingua, historia e medio natural... Un povo con memoria colectiva, con fondas raizes que nos identifican con unha Terra, unha cultura, unha historia, unha lingua propias e unha particular percepción do medio... Todo este tempo que levamos establecidos como povo, e que condicionou a nosa específica maneira de espallarnos polo ambiente, determinou unha configuración ambiental de Galiza en que a humanización da paisaxe é determinante para definir calquera tipo de desenvolvimento. Por iso, desde ADEGA reclamamos a defensa do noso medio e da nosa cultura como parte integrante do ecosistema humano propio da Galiza.

Eu non partillo a opinión de Nuñez feijoo que declara que temos vivido mui ben nestes 25 anos de Estatuto. Ninguén que olle para o panorama actual de Galiza pode concordar con esa afirmación. Si que é certo que a xente vive mellor, mas a un ritmo muito mais lento que o resto de España. O peso da renda percapita de Galiza no conxunto do estado español desceu e como ese indicador todos os demais. Pola contra, a participación de Galiza na pegada ecolóxica é a maior de España. Eu reto a que me demostren que as nosas características socioeconómicas non son as de unha colonia. Mais para min hai un indicador que é mais significativo que calquera outro, embora os economistas non lle dean grande importancia: é a tasa de natalidade. Un povo que non cria descendentes sofre unha doenza mui grave. Certo que, recentemente, comezara a invertirse esa tendencia. Será que hai quen alvisca esperanza no futuro?

Porque teñen tantos votos dos galegos os que non creen na identidade de Galiza como povo diferenciado? Témoslle medo a sermos? Levamos tantos anos escoitando aquilo de "Reino infeliz, pais desventurado" como se nos definia desde a España barroca, que non somos capaces de creer que temos capacidade para resolvermos os nosos problemas?

Producimos electricidade a custo dos nosos montes e patrimonio natural. Somos unha potencia eólica, hidraulica, mas as munxidoiras electricas das granxas ao pe do Irimia, inzado de ventoiñas, non teñen tensión para funcionar. Hai uns poucos dias anunciabase tres novas locomotoras para reemplazar as vellas que nos enlazaban coa meseta. Até Valladolid van ser das antigas a diesel, contaminantes, non adaptables á diferentes anchos de via. de Valladolid até Madrid, pendular adaptable a diferente ancho de via, electrificadas menos contaminantes.

Non sei se un novo estatuto podera facernos cumplir a esixencia do acordo de Quioto de que a enerxia se consoma perto de onde se produza, para evitar as perdas por transporte. Se poderemos ter unha rede de ferrocarriles galegos de cercanias e diminuir as nosas emisións de CO2. Se desa maneira poderemos garantir o dominio da nosa costa, e da seguranza marítima (agora ese control está en Madrid !). Se con ele teremos o control das nosas bacias hidrográficas que agora está en Oviedo. Se poderemos ter dominio, para os nosas mariscadoras e mariñeiros de baixura, do mar mais próximo das nosas rias. Se poderemos frear o urbanismo descontrolado e reorientar á nosa industria para que os postos de traballo que del dependen encontren outros nichos. Se poderemos ampliar a Rede de Espazos Protexidos porque a característica do Desenvolvimento Sustenable é: o desenvolvimento debe ser endóxeno. Se poderemos ter un maior control sobre os nosos depósitos bancarios sobre os nosos impostos e sobre a custodia do noso territorio, mais inclínome a pensar que todo iso pasa por sermos alguén. Por termos peso nas decisions políticas. E pasa por crer que somos capaces de asumir o reto. Pasa, en definitiva, por sermos un povo culto. Non na cultura mimética, (gaios e papagaios, ignoto per ignotum, decia o Padre Sarmiento) senón na nosa propia. Copio de Xelís de Toro: A cultura galega que a min me interesa segue a ser unha esperanza... Podo presentila de moitas maneiras... É un zunido constante como se fose un xerador humano. Necesitamos un Estatuto no que nos recoñezamos como o que somos, unha Nazón. De Breogan e de todos os que aquí moramos desde entón. Un dos povos mais antigos da Europa.

Voltar a Opinión
Ir á Portada

Adela Figueroa Panisse

Adela Figueroa Panisse é Presidenta da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Catedrática de Bioloxia/Xeoloxia no IES Lucus Augusti, Lugo.

Outros artigos de Adela Figueroa Panisse:
*O mar litoral: A mellor piscifactoria Un artigo de Adela Figueroa Panisse (16/02/2007)
*Que acontece có noso estatuto? Un artigo de Adela Figueroa Panisse (13/02/2007)
*Transportes de terceiro mundo: outra traxedia para Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (26/08/2006)
*Evidentemente algo fallou, na prevision, e Galiza arde Un artigo de Adela Figueroa Panisse (11/08/2006)
*Lua chea de veran compite có lume para alumer Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/08/2006)
*Lóuzara e Fiz Vergara Vilariño Por: Adela Figueroa Panisse (27/06/2006)
*Os bons mestres: Lembranza de Don Gregorio Por: Adela Figueroa Panisse (03/05/2006)
*Primavera: renovación e promesa da vida Por: Adela Figueroa Panisse (20/03/2006)
*Urbanismo descontrolado: privatizar... Por: Adela Figueroa Panisse (01/03/2006)
*Rios vivos: A seiva da Terra Por: Adela Figueroa Panisse (31/01/2006)
*SALVE RADIO GALEGA! Por: Adela Figueroa Panisse (09/01/2006)
*Dazaoito de xullo. 69 anos despois Por: Adela Figueroa Panisse (18/07/2005)
*Un outro mundo é posible: Galiza tamén Por: Adela Figueroa Panisse (27/04/2005)