Publicidade
Contacto
|
*Entender
O mundo político actual está máis que revolto. É totalmente artificioso. Os políticos, ou esas xentes que din ocupar os asentos de representación pública, véndense (cada vez máis; e máis descaradamente) aos intereses de terceiros e, sobre todo, ao espectáculo do márqueting e da imaxe audiovisual que reina no mundo actual. Rara vez chega algún paisano cun mínimo discurso ideolóxico, con ganas de convencer ao que escoita sexa éste ou non da súa cor política. Tempos pasados ensinárannos a aqueles socialistas con chaqueta de pana, a aqueles políticos de rúa que aspiraban a gobernar o Estado. Con isto quero entrar a facer unha reflexión sobre a esquerda... [ler máis]
Un artigo de Silvio Falcón Rodríguez (02/02/2008)
*Tiro ao aire
Despértome, miro cara arriba e, co medo no rostro, escoito como se repiten, unha e outra vez, uns sóns difíciles de recoñecer pero que, noutros tempos, seguramente, tivera pensado que se tratara dun disparo. Medio durmido, móvome paseniño cara á fiestra, e, de súpeto, vexo unha luz resplandecedora por detrás das cortinas. Pensei na policía, en multitudes de ambulancias. Por iso, din un paso atrás e, recollendo toda a valentía que me quedaba, abrín a fiestra de par en par. Comezaba o ano: eran fogos de artificio. ... [ler máis]
Un artigo de Silvio Falcón Rodríguez (17/01/2008)
*Outra folla en branco
Cada ano que fina, deixa as portas abertas a un outro novo que enceta a súa andaina ateigado de ilusións, esperanzas e anceios, moitos anceios. Cada quen de nós vamos na percura de cantos máis se nos antoxen e ás veces, perdémonos na trivialidade do noso egoísmo na crenza de non vermos superadas as nosas eibas, as nosas miserias. Fai falla máis vista, máis ouvido, máis olfato, máis tacto, máis gusto e tamén, moito máis humor para rir ata escachar coas gargalladas... [ler máis]
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza (03/01/2008)
*Discursos
O nadal e o cambio de ano, acostuman ser boas oportunidades para lanzar proclamas e discursos políticos. Inda que existe a idea instalada de que este tipo de intervencións televisadas non teñen demasiado efecto na cidadanía, o certo é que se corresponden co prime time en termos de oportunidade política. Existe, pola habitualidade, una predisposición social de atender o que teñan que dicer os dirixentes gobernamentais...[ler máis]
Un artigo de Xabier Pérez Igrexas (05/01/2008)
*Informe PISA: Frouxos en lectura
Acaba de aparecer un novo Informe Pisa e, como sempre, hai datos para analizar desde todos os puntos de vista. E un dos que atraen máis atención é o que di respecto á comprensión lectora do alumnado galego: frouxos en lectura...[ler máis]
Un artigo de Xoán Costa Casas (09/12/2007)
*A liberdade dos de arriba
Ao longo de todas as épocas históricas, desde as recentes até a mesma Antigüidade, calquera proceso que supuxese cambios ou transformacións foi visto pola clase privilexiada correspondente como negativo, agresivo, infame, intolerábel ou aberrante. Sobre todo porque eses cambios ou transformacións podían significar –e por veces significaron –a perda dos privilexios e prebendas de uns, polo tanto o seu prexuízo, a súa “caída”, en favor do ascenso, do beneficio e da obtención de poder por outros...[ler máis]
Un artigo de Francisco Xosé Rei García (30/11/2007)
*Na Coruña pode verse estes días unha exposición de narices
O nariz, os narices, motivo de burla nos Cancioneiros medievais, na literatura renacentista; obxecto de desexo para as clínicas de cirurxía estética, sempre motivo de desgusto e de descontento con nós mesmos. Nariz grego, nariz aguzado, nariz, de Cyrano a Pinocchio, sempre esa protuberancia que forma parte do sistema de respiración de algúns vertebrados, a condicionar a nosa actitude ante a vida. Un sentido tan importante como ignorado ou desprezado no mundo da arte. Falar polo nariz, fregar ao nariz...[ler máis]
Un artigo de Xoán Costa Casas (08/11/2007)
*A cooperación interinstitucional polo galego-berciano
A rexión berciana está arrodeada de territorios con fortes identidades culturais, razón pola cal recibiu influencias variadas ao longo da historia. Esas relaciois interterritoriais posibilitaron a existencia de tres linguas n´O Bierzo, a saber, castelá, ástur-llionesa e mailo galega. Alguis din que este último idioma pervive no occidente pola continuada inmigración de Galiza...[ler máis]
Un artigo de Xabier Lago Mestre, Presidente da Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo (02/10/2007)
*En castelán entenden igual
(Para Sabela e todos os nenos e nenas da Galiza que teñen dereito a soñar en galego)
Cóntame unha compañeira que anda cos preparativos da Comuñón da súa filla, de Sabela, o que lle aconteceu cando quixo facer os convites. No Corte Inglés da Coruña simplemente non fan as invitacións en galego; en Porvén, tamén da Coruña, si as fan, só que en castelán custan 10€ e en galego 30€!!!! " porque cobran igual que o inglés”
..[ler máis]
Un artigo de Xoán Costa Casas (29/05/2007)
*Patrimonio VI "Vai de entroido"
Verán miñas donas e cabaleiros, o entroido, non lles é iso que algúns políticos fan
en troques de política ou gobernar para o seu pobo, non. O entroido é un arte
enraizada na nosa cultura máis funda e sentida, o paso cara o solsticio de
primavera... ... [ler máis]
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza (22/05/2007)
*A lingua das boinas
A historia que lles vou relatar tenme hoxe, para variar, a min propio como un dos seus principais protagonistas. Aconteceume durante as tarefas organizativas do Correlingua de Compostela, celebrado o pasado 3 de maio. Poder podía ter sido en calquera outro lugar e outros os seus protagonistas...[ler máis]
Un artigo de Francisco Xosé Rei García (17/05/2007)
*Espírito de diálogo
A decisión adoptada pola Consellaría de Educación este fin de semana pasado, asinando un preacordo primeiro e o acordo despois en materia de xornada con algunhas organizacións sindicais co obxectivo manifesto de deixar fóra a CIG, e facéndoo xustamente nas vésperas do primeiro de maio, ten como un dos seus obxectivos afortalar a dinámica das centrais de ámbito estatal para pór en evidencia a chamada "desunión" sindical e a pouca "utilidade" de todo o que cheire a nacionalismo...[ler máis]
Un artigo de Xoán Costa Casas (04/05/2007)
*Os dezasetes que veñen e van
Pouco falta xa para a chegada dun novo 17 de maio. Nunhas poucas semanas cada recanto do país, cada concello, dedicará algúns diñeiros das súas arcas públicas, cheas grazas ás esforzadas contribucións dunha maioría deseguro galegofalante habitual de veciñas e veciños, para honrar, venerar, festexar e conmemorar, como quen celebra o cabodano do seu mortiño pondo enriba da mesa o mellor que ten na casa, que temos unha vizosa literatura propia e unha lingua de noso que lle serve de soporte...[ler máis]
Un artigo de Francisco Xosé Rei García (02/05/2007)
*O livre comércio de armas de fogo
A recente matança na Universidade Tecnológica
de Virgínia reacendeu a polémica sobre o controlo de armas
de fogo nos EUA. E se bem no
resto
do mundo as opiniões coincidem em considerar que a razom que explica tal
morticínio é a facilidade com a que se podem adquirir armas, no próprio
pais nom existe tal consenso...[ler máis]
Un artigo de José Ramom Flores d'as Seixas (23/04/2007)
*Matanzas
Todos os medios de comunicación se fan eco do acto de barbarie cometido en Blacksburg, na Universidade , cando unha persoa executou máis de trinta de certeiro e medido disparo. Especulan os comentaristas de radio coas posíbeis motivacións do suicida. Argumentan a facilidade de obter armas como unha das causas (creo que cada americano ten por termo medio máis armas que libros. O propio Estado ten máis armas que libros ten a Biblioteca do Congreso)...[ler máis]
Un artigo de Xoán Costa Casas (17/04/2007)
*Patrimonio V "Ferreiros"
Agardade un intre e percurade lembrar, traguer ás vosas memorias o famoso cadro de Velázquez "A forxa de Vulcano". Notades xa nos vosos corpos a calor que dali se desprende?. Por alí, andan os ferreiros... [ler máis]
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza (06/04/2007)
*A falsa dialectica entre esquerda e dereita
Na actualidade estamos asistir á unha percepción da realidade social que nos empurra, como unha enxurrada potente, a dividir o noso mundo en dereitas ou esquerdas. Alerto do perigo no que podemos caer os cidadans. Desde o ensino deberiamos ter fortalecido o Pensamento Alternativo e a Independencia de Criterio, como elementos indispensables na formación dos ciudadanos...[ler máis]
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (05/04/2007)
*Valadés e o medo á democracia
Pedro Gómez Valadés reaparece novamente no cenario mediático. Desta volta cun artigo de opinión publicado no Faro de Vigo, no que baixo o título "As minorías sí teñen direitos", tenta retrucar o artigo de Guillerme Vázquez publicado no mesmo medio días atrás coa cabeceira "Caza de bruxas e dereitos das minorías"...[ler máis]
Un artigo de Xabier Pérez Igrexas (26/03/2007)
*O Courel
As canteiras a ceo aberto: unha vergoña para Galiza
Nestes tempos que vivimos a explotación de canteiras a ceo aberto non é comprensible nen aceptable. É propio só de paises terceiromundistas, dependentes económicamente e colonizados polo capitalismo mais feroz...[ler máis]
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (24/03/2007)
*Cando a brétema non deixa ver (réplica a M. Bragado)
Contaronme que o meu artigo recentemente publicado en Xornal.com (e que viu
a luz tamén noutros medios) baixo o título "O Caso Valadés: individuo vs colectivo, discrepancia vs disidencia" tivo a suficiente sona como para suscitar comentarios do máis diverso tipo, e mesmo a reacción de Manolo Bragado, autor do blog Brétemas (http://bretemas.blogspot.com)...[ler máis]
Un artigo de Xabier Pérez Igrexas (22/03/2007)
*Patrimonio IV "Conto para lembrar"
Atención todos!!. Nenas, nenos, mulleres, homes e vellos. Deixade canto andedes a facer, achegádevos e escoitade!.
Houbo unha vez -e non hai moito tempo- un lugar onde cada quen, fixera o que fixer, respectaba todo canto era de todos; fora maior, mozo ou cativo pois, para o respecto, non se estabelecen edades...[ler máis]
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza (21/03/2007)
*Aí ven o maio, de votos cuberto
Cando faltan pouco máis de sesenta días para as eleccións municipais, a inquietude asalta algúns dirixentes políticos. Deste xeito, saltan aos teletipos propostas e proxectos que resultan absurdos noutras circunstancias e contextos e que, no caso galego, ademais, se reforzan debido ás contradicións das forzas estatais para conxugar propostas específicas para Galiza coa debida obediencia ao centralismo operante, circunstancia esta que enfatiza, aínda máis, o ridículo político de algúns líderes...[ler máis]
Un artigo de Xoán Costa Casas (20/03/2007)
*O Caso Valadés: individuo vs colectivo, discrepancia vs disidencia
Recentemente tense desatado un polvorín meiático e público, máis artificial que espontáneo, encol do que se ten denominado na Rede como "caso Valadés". Pedro Gómez Valadés é o Presidente da Asociación Galega de Amizade con Israel, AGAI, e era responsábel da área de cultura e lingua da Executiva Comarcal do BNG de Vigo. O problema, por dicilo dalgunha forma, xurde cando se valora o grao de incompatibilidade entre manter ambas responsabilidades, polo risco de contradicción no exercicio desa dupla vertente...[ler máis]
Un artigo de Xabier Pérez Igrexas (14/03/2007)
*Subvencionando a deslocalización de Atento-Telefónica
Se un goberno destinase inxentes cantidades de diñeiro público para subvencionar unha empresa que tivo o ano pasado máis de 6.000 millóns de euros de beneficios (un billón das antigas pesetas), facilitando incluso chan público gratuitamente para a construción de novos centros de traballo...[ler máis]
Un artigo de Clodomiro Montero Martínez, Secretario Nacional da CIG da Federación Telemárketing
(14/03/2007)
*A cidade na que nada funciona
Despois de case que catro anos de inmigrante na miña propia terra quero deixar agora que marcho unha mensaxe de reflexión aberta a quen queira razoar catro cousiñas da cidade máis grande de Galicia, do noso motor económico que hai ben tempo que tivo que pasar a revisión dos 300.000 habitantes. Unha revisión sobor de cómo chegar a "Vigo polos seus catro costados"...[ler máis]
Un artigo de Diego Marcos Ramas (12/03/2007)
*Cooperaçom transfonteiriça
Queixava-se recentemente o Secretário Geral de Relações Exteriores da Xunta de Galicia por ter-se preferido Badajoz na vez de Vigo como sede do secretariado técnico da Uniom Europeia para gerir a cooperaçom transfonteiriça entre Espanha e Portugal. "Lamento esta decisom cujas razões se me escapam", seica declarou D. Santiago Gómez-Reino Lecoq...[ler máis]
Un artigo de José Ramom Flores d'as Seixas (12/03/2007)
*Punto de partida ou punto de encontro?
Anda estes días a Consellaría de Educación a traballar intensamente na elaboración de nova regulamentación para o próximo curso escolar, e entre esta está o Proxecto de decreto polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a promoción do galego no ensino, no marco da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Xa se teñen feito moitas valoracións sobre este texto, e de todas elas poden desprenderse dúas posicións xenéricas: para uns é un bo punto de partida e para os outros é un bo punto de encontro...[ler máis]
Un artigo de Xoán Costa Casas (09/03/2007)
*Carme a da Ponte
Lugo. No Dia adicado á muller traballadora, 8 de marzo, de 2007.
Gostaba contemplala mentras se aseaba polas mañás.
Facia unha longa tranza có seu cabelo branquexado no que ainda ficaban alguns restos de frebas negras entre as canas.Con muito coidado mollaba o peite na palangana e pasábao com precisión polos cabelos. Logo iao entranzando ate chegar a un ponto en que se detiña.A tranza xa ia mais fina. Pegaba nunha fita de tela escura e misturabaa cos cabelos entranzandoos con ela. No fin da coleta, ficaba a fita . Agarrabaa con maus expertas ,dáballe unhas voltas e facia un moño na parte baixa da cabeza. O conxunto era dun aspecto de extrema pulcritude. Virábase coa sua cara sen edade, marcada polos soles e as xiadas, en que non sobraba nada de graxa. Os osos da cara ficaban ben marcados na sua expresión amable e segura.As veces traballaba na nosa casa . No cuarto que ocupaba habia un moble deses que teñen espello e palangana . Coido que ficara da miña avoa Clorinda.
..[ler máis]
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (08/03/2007)
*Patrimonio III "O zoqueiro"
Entre a espesura do bosque que arrecende a vida a vida, carregado de tanto ar puro, agroman todo xeito de especies arbóreas. 0 padriño vai armado cunha navalla cativa que lle fixo o ferreiro e a que el, lle labrou as cachas con pau de freixo. O padriño é zoqueiro.
..[ler máis]
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza (04/03/2007)
*Unha oportunidade, unha esperanza
Cando se vive en contextos onde a norma xeral é o desánimo, o cepticismo, a frustración ou, moitas veces, a simple indignación frente ao que se acotío, ás veces acontece que surxen noticias a xeito de pequenas fendas na escuridade polas que dá atravesado algunha raiola de luz; cousas que dalgún xeito nos animan a seguirmos aí, a pensarmos que, con todo, a batalla aínda non está perdida...[ler máis]
Un artigo de Francisco Xosé Rei García (01/03/2007)
*Ata nunca Augusto Xeneral!!!
O 2006 rematou cunha desas novas que para ben e para mal paralizan as redaccións dos medios de comunicación desbordando aos cidadáns durante un par de centos de horas cunha información monopolizadora. Seica morreu Pinochet, un dos máis terribles serial killer da nosa época, o xenocida, o vampiro de costumes insalubres según Galeano...[ler máis]
Un artigo de Ana Patricia Vigo Fernández (26/02/2007)
*Sentenzas
Produciume certo desasosego a derradeira sentenza do Tribunal Constitucional confirmando á Igrexa Católica a potestade de designar e destituír os profesores de relixión baseándose non só nos seus coñecementos senón tamén, e fundamentalmente, na súa conduta. Ese desasosego ven dado por canto xa non sei se a sentenza afonda no descrédito do tribunal ou enaltece a súa independencia. E digo isto porque, sexa ou non sexa constitucional, parece de sentido común que o que aconteza dentro da casa de cada quen -e mentres non supoña violencia contra outras persoas- pertence á súa vida privada e non debe para nada ser tido en conta para ningunha prestación de servizo público. A non ser claro é, que pretendamos dar un paso máis alá e a partir de agora, por exemplo, un médico ou unha médica que fumen na súa casa sexan despedidos do seu traballo porque nos centros hospitalarios non se permite fumar...[ler máis]
Un artigo de Xoán Costa Casas (24/02/2007)
*O mar litoral: A mellor piscifactoria
Segundo noticias recentes o Consello da Xunta de Galiza, ven de declarar a ampliación da granxa de peixes da Stolt en Quilmas-Carnota (ampliación) (nova criazón) de interese supramunicipal, asi como a criazon dunha nova planta de acuicultura en Baroña-Porto do Son. Para ADEGA, as actividades de cultivo mariño deben ser olladas desde a optica de que é o mar o medio en que os seus habitantes se desenvolven mellor. As plantas de cultivo de rodaballo, linguado ou polvo que se estan a espallar pola nosa costa non son unha garantia de producción sustentale desde variados pontos de vista (ver www.adega.info diferentes traballos e informes)...[ler máis]
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (16/02/2007)
*As contradiccións do mundo actual.
A historia que nos tocou vivir parece sacada dun guión do cine surrealista, cun argumento irracional no que nada é o que parece ser, senón que é o contrario, e o que verdadeiramente é, roza os lindeiros do absurdo; dito doutro xeito, estamos nunha etapa da evolución humana na que os valores atópanse alterados de tal xeito que nada ten un sentido real: mentres que os avances da ciencia e da tecnoloxía superan os máis atrevidos soños que o home puidera ter tempos atrás, soamente uns poucos elexidos poden desfrutar deses soños feitos realidade, e mentres que uns vivimos na Era da Información, na que se mide ás persoas pola súa capacidade de acceso aos medios de comunicación (o que non está enganchado á Rede é pouco máis ca un marxinal), hai outros moitos millóns de persoas que padecen fame e necesidade ao tempo que a abundancia e o consumismo son as condicións ás que aspiran países e rexións enteiras. ..[ler máis]
Un artigo de Ana Patricia Vigo Fernández (13/02/2007)
*Patrimonio II "Vai de seitura"
Cando ainda non é ben de dia e canta o galo, a cuadrilla xúntase diante da casa dalguén para saíren cedo segar o pan. As fouces ben aguzadas, a pedra de afiar nun dos petos ou no cinto, as mulleres no mandil, o pano na cabeza e por riba, pucho de palla!. Comenza a colleita. Na dereita a fouce, mentres que a esquerda agarra o feixe de espigas de pan co que se fai o mollo que fica na terra agardando por outro compañeiro para os xuntar nun medeiro...[ler máis]
Un artigo de Fernán Xosé Mourenza (13/02/2007)
*Que acontece có noso estatuto?
"Somos gale@s e não nos entendemos".
Asi como frase feita existe no brasil, actualmente, mas está documentada desde a edade media. Será que teremos algo nesta fermosa terra que nos impida chegar a un acordo social?, algunha xacia do Navia de longos cabelos roxos?, unha princesa moura que ficase presa nalgun penedo misterioso? ou un exercito de invisiveis trasnos que fican ainda nalgunha desas nosas fragas "autoctonas" resistentes á progresiva uniformidade dos monocultivos impostos na procura da rendibilidade a curto prazo dos nosos montes?.
..[ler máis]
Un artigo de Adela Figueroa Panisse (13/02/2007)
OPINIÓNS ANTERIORES:
*E sempre A Coruña... Un artigo de Francisco Xosé Rei García (08/02/2007)
*Secesión e autodeterminación Un artigo de Xoán Costa Casas (02/02/2007)
*Patrimonio I "Canteiros" Un artigo de Fernán Xosé Mourenza (01/02/2007)
*Prensa galega Un artigo de Xoán Costa Casas (25/01/2007)
*"Malas artes" Un artigo de Fernán Xosé Mourenza (21/01/2007)
*Cuestión de cinismo? Un artigo de Francisco Xosé Rei García (19/01/2007)
*Ladran os cans, amigo Sancho Un artigo de Francisco Xosé Rei García (16/01/2007)
*Lingua e Estatuto Un artigo de Xoán Costa Casas (15/01/2007)
*Estatuto e laicismo escolar Un artigo de Xoán Costa Casas (05/01/2007)
*"Calidoscopio social" Un artigo de Fernán Xosé Mourenza (05/01/2007)
*De Luns a Venres, a normalidade posíbel Un artigo de Francisco Xosé Rei García (04/01/2007)
*Agrupación Cultural Alexandre Bóveda: 30 anos de andaina ao servizo do país, 30 anos de exemplar defensa do noso Un artigo de Francisco Xosé Rei García (26/12/2006)
*Inqueritocracia e democracia Un artigo de Xoán Costa Casas (26/12/2006)
*A Coruña, onte, hoxe, sempre Un artigo de Francisco Xosé Rei García (19/12/2006)
*Galiza está mal colocada Un artigo de Xoán Costa Casas (17/12/2006)
*Aprender a convivir Un artigo de Manuel Dios Diz (15/12/2006)
*A nación é un feito e non unha idea Un artigo de Xoán Costa Casas (11/12/2006)
*"Refulxe o País, reaxe o BNG" Un artigo de Fernán Xosé Mourenza Fernández (06/12/2006)
*"O cantar do vagamundo" Un artigo de Fernán Xosé Mourenza (28/11/2006)
*Galego no Esatuto de Autonomía de Castela e León Un artigo de Xabier Lago Mestre, Presidente da Asociación Cultural Fala Ceibe do Bierzo (10/11/2006)
*Vigo: a hora do benestar Un artigo de Xabier Pérez Igrexas (16/09/2006)
*"...E pasaron os unos..." Un artigo de Fernán Xosé Mourenza (26/08/2006)
*Bóveda. Somewhere over the raimbow Un
artigo de Xabier Pérez Igrexas (26/08/2006)
*Transportes de terceiro mundo: outra traxedia para Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (26/08/2006)
*Evidentemente algo fallou, na prevision, e Galiza arde Un artigo de Adela Figueroa Panisse (11/08/2006)
*Lua chea de veran compite có lume para alumer Galiza Un artigo de Adela Figueroa Panisse (09/08/2006)
*Por qué un novo Estatuto? Un artigo de Fernán Xosé Mourenza Fernández (27/06/2006)
*Lóuzara e Fiz Vergara Vilariño Por: Adela Figueroa Panisse (27/06/2006)
*A labazada do SÍ catalán Por: Xabier Pérez Igrexas (20/06/2005)
*Os bons mestres: Lembranza de Don Gregorio Por: Adela Figueroa Panisse (03/05/2006)
*Crise identitaria... Por: Fernán Xosé Mourenza Fernández (24/03/2006)
*PXOM ou PXE(speculación)? Por: Fernán Xosé Mourenza Fernández (21/03/2006)
*Primavera: renovación e promesa da vida Por: Adela Figueroa Panisse (20/03/2006)
*Urbanismo descontrolado: privatizar... Por: Adela Figueroa Panisse (01/03/2006)
*Rios vivos: A seiva da Terra Por: Adela Figueroa Panisse (31/01/2006)
*SALVE RADIO GALEGA! Por: Adela Figueroa Panisse (09/01/2006)
*Dazaoito de xullo. 69 anos despois Por: Adela Figueroa Panisse (18/07/2005)
*Cecais... Cultura? Por: Fernán Xosé Mourenza Fernández (15/05/2005)
*Un outro mundo é posible: Galiza tamén Por: Adela Figueroa Panisse (27/04/2005)
*Outra democracia Por: Xabier Pérez Igrexas
*Menos discursos, máis igualdade Por: Xabier Pérez Igrexas (08/03/2005)
*Non todo vale, Galiza merece máis Por: Xabier Pérez Igrexas (04/03/2005)
*Galiza paga o pato, de novo Por: Xabier Pérez Igrexas (16/02/2005)
*Vinte minutos por Europa Por: Xabier Pérez Igrexas (11/02/2005)
*Papanatismo antidemocrático Por: Xabier Pérez Igrexas (06/02/2005)
Voltar á Portada
|
COLABORACIÓNS:
Desde a xanela
Fernán Xosé Mourenza
Arroutadas do ambiente
Adela Figueroa Panisse
A baloira dos días
Xoán Costa Casas
O bico da lingua
Francisco Xosé Rei García
Petruciadas
Ana Patricia Vigo Fernández
Quen é eiquí o encarghado!!??
Diego Marcos Ramas
Cismando
José Ramom Flores d'as Seixas
Contradiscurso
Xabier Pérez Igrexas
A chave
Silvio Falcón Rodríguez
Aqui
falamos tod@s (entra)
|