ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O BNG ostentará a alcaldía de Castrelo de Miño tras desestimar o TSXG o recurso dunha candidatura independente
· En Arnoia o TSXG estimou o recurso do BNG anulando a votación nunha mesa

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 26 de xuño de 2007 O recurso contencioso-electoral ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG) presentado polos Independentes por Castrelo de Miño para solicitar a anulación dunha papeleta correspondente ao censo de residentes ausentes foron desestimados. Por outra parte, o TSXG estimou o recurso presentado polo BNG no concello de Arnoia, anulando a votación na mesa A,sección 1, distrito 01, ordenando a repetición das eleccións na mesma.
O TSXG estimou os argumentos presentados polo BNG e considerou válido o sufraxio emitido. Deste xeito, a corporación queda con 5 edís do PP, 3 do BNG e 3 do PSOE, polo cal, en virtude dos acordos entre BNG e PsdeG-PSOE, o nacionalista Xurxo Rodríguez Méndez será o próximo alcalde deste concello. Até o de agora, o Partido Popular gobernaba este concello con maioría absoluta.

Arnoia
Por outra parte, o TSXG estimou o recurso presentado polo BNG no concello de Arnoia, anulando a votación na mesa A,sección 1, distrito 01, ordenando a repetición das eleccións na mesma. A causa é estar afectada por numerosas irregularidades correspondentes aos votos dos residentes ausentes.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com