ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*A Mesa considera que a resposta do Hospital Modelo "non é de recibo"


Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 21 de xuño de 2007 A Mesa pola Normalización Lingüística considerou "pésimas" as declaracións de resposta, en forma de comunicado remitido aos medios, da dirección do Hospital Modelo da Coruña perante a denuncia pública que fixo onte a asociación contra unha médica do servizo de pediatría que exixiu a un paciente de 13 anos "que se dirixise a ela en castelán", tal e como relatou á Mesa a nai do rapaz.

Tal e como recolleron a maioría dos medios de comunicación no día de hoxe, fontes da dirección do hospital, lonxe de desmentiren a situación denunciada pola Mesa, tentaron xustificar por todos os medios a actuación da doutora, segundo argumentan "por non ser galega e non entender o galego". Mais a dirección do centro sanitario non quixo ficar aí e manifestou ademais que "nos seus criterios para a contratación de persoal priman os criterios profesionais sobre os lingüísticos".

Para A Mesa, a resposta do hospital "non é en absoluto de recibo", porque non só non rexeita nin pide escusas polo comportamento da doutora cun paciente que ficou plenamente acreditado senón que "o xustifica plenamente" e fai de todo o centro sanitario "a consideración do galego como algo secundario ou mesmo insignificante" e o "desprezo manifesto aos seus falantes e aos dereitos que os asisten" que supuxo o comportamento da pediatra.

A asociación en defensa da lingua cualificou de "traxicómico" que a dirección do hospital, nas súas declaracións, "tente superpor" a suposta eficacia da atención sanitaria sobre o coñecemento da lingua e sinala que lonxe de seren termos incompatíbeis "a eficiencia na atención mellora substancialmente cando se respecta os pacientes e a lingua que empregan". A Mesa pídelle ao Hospital Modelo da Coruña, ademais de reciticar e pedir de vez escusas á usuaria e a seu fillo, "que deixe de vivir na estratosfera" e non trate a lingua galega "como propia dun país distante e alleo" senón como o que é, "a lingua propia de Galiza e, ademais, oficial con todas as da lei".

RELACIONADO:
*Unha pediatra do Hospital Modelo da Coruña obriga os nenos a non falarlle galego na consulta

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com