ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*PSOE e BNG seguen sen acordo para gobernar Lugo
· As dúas partes quedaron emprazadas a unha última xuntanza que podería celebrarse o vindeiro luns

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 21 de xuño de 2007 BNG e PSOE manteñen posturas moi distanciadas. O PSOE non acepta o acordo marco asinado en Santiago polas direccións do BNG e o PSOE e fixo hoxe unha proposta ao BNG moi por debaixo da representatividade que lles deron os cidadáns nas urnas (o PSOE ofrece áreas secundarias que non chegarían ao 10% do investimento real do Concello, cando o BNG tería 25% do goberno, segundo os resultados do 27 de maio).

O PSOE de Lugo segue enpeñado en saltarse o acordo marco asinado polo seu propio partido, mentres que o BNG exixe o cumprimento do mesmo como condición para formar o goberno de coalición.

As negociacións quedan aprazadas, posibelmente, até o vindeiro luns.

No seguinte corte de voz escoitamos a Xesús Méndez, responsábel comarcal do BNG e voceiro na comisión negociadora, á saída da reunión de hoxe:
valoracion_reunion_bng_psoe_lugo.mp3 (ficheiro en mp3 +/- 1.5 Mb.)

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com