ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Unha pediatra do Hospital Modelo da Coruña obriga os nenos a non falarlle galego na consulta
· A Mesa denuncia a desprotección dos pacientes perante este tipo de situacións na sanidade privada

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 19 de xuño de 2007 A Mesa pola Normalización Lingüística tivo coñecemento dun novo caso de grave discriminación por razón da lingua empregada. A denunciante foi unha muller que acudiu con seu fillo, un rapaz de 13 anos, a unha consulta pediátrica ordinaria no Hospital Modelo da cidade da Coruña, de titularidade privada. Esta cidadá non puido saír do seu asombro cando presenciou como a médica lle exixía ao rapaz "que se dirixise a ela en castelán" visibelmente alterada e con moi maos modos.

Tanto a nai afectada como o seu fillo son galegofalantes habituais e non era a primeira vez que acudían a unha consulta neste centro médico, ao que van a través dunha mutua que ten convenio con MUFACE, polo que se sentiron "moi abraiados" pola actitude da doutora.

A cidadá que informou destes feitos á Mesa pola Normalización Lingüística manifestou sentirse "profundamente vexada" e, alén do máis, "claramente desprotexida polas administracións", máis ao darse este caso no ámbito da sanidade privada. Non sabendo ben que facer perante un caso así, "dirixinme á Mesa como único recurso e presentei unha reclamación individual polo trato que recibimos meu fillo e mais eu", explicoulle á asociación.

A Mesa, pola súa parte, dirixiuse xa tanto á dirección do Hospital Modelo como á dirección provincial do MUFACE na Coruña e á Secretaria Xeral de Política Lingüística para lles dar conta da situación e demandarlles "algún tipo de resposta ou solución". A asociación en defensa do idioma considera "imprensentábel que nestes tempos se sigan a producir este tipo de situacións", mais lembra que "con toda certeza son moito máis frecuentes do que pode parecer" e considera que soamente "mediante a súa constante denuncia púbica é posíbel pórlles fin".

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com