ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Bao advirte a Besteiro que aínda non é Presidente da Deputación de Lugo nin o será se non hai acordo co BNG
· Antón Bao pídelle a Besteiro que "non poña o carro antes que os bois" e aclara que "o primeiro que hai que negociar é un programa para cambiar as cousas na institución provincial"
· Os nacionalistas piden "respecto" ao PSOE e critican que Besteiro se "autoproclame" presidente da Deputación cando "non ten os votos necesarios para selo"


Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 19 de xuño de 2007 O BNG mostrouse hoxe "molesto" coa actitude do PSOE en relación á Deputación Provincial de Lugo e pediulles "respecto" aos socialistas. Antón Bao, actual voceiro do BNG na Deputación e que foi reelexido onte en Asemblea diputado procincial polo partido xudicial de Lugo, recomenda a José Ramón Gómez Besteiro "que mida as súas palabras" pois "nin é presidente da Deputación nin o será se non hai acordo co BNG". Bao deixa claro que "os votos do BNG son imprescindíbeis".

O BNG critica que Besteiro se "autoproclame" presidente da Deputación cando "non ten garantidos os votos necesarios para selo". Bao explica que "nin sequera se iniciaron as conversas a nivel de Lugo para formar un Goberno de coalición na Deputación" polo que pide a Besteiro "que non poña o carro antes que os bois".

A este respecto, o Antón Bao aclara que "o primeiro é acordar un programa para cambiar a política da institución provincial" porque "ao BNG non lle vale nin o modelo nin as prácticas que se viñeron facendo na Deputación Provincial de Lugo nos últimos 20 anos".

Antón Bao foi reelexido onte en Asemblea deputado provincial en representación do Bloque Nacionalista Galego polo partido xudicial de Lugo. Bao será pois un dos tres representantes do BNG na Deputación luguesa.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com