ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Innovación e Industria promociona en Portugal o turismo de saúde de Galiza
· Ao longo de dúas semanas Turgaliza dará a coñecer cunha promoción en centros comerciais as posibilidades do termalismo galego en Lisboa e Porto

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 18 de xuño de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria, a través de Turgaliza, inicia hoxe a promoción Somérxete en Galiza no centro comercial Colombo de Lisboa ao obxecto de promocionar o Turismo de Saúde entre os cidadáns da capital lusa. Esta promoción, que se desenvolverá en Lisboa ato o vindeiro sábado, 23 de xuño, tamén se realizará no centro comercial Norte Shopping do Porto, entre os días 26 de xuño e 1 de xullo.

Ao longo destas datas, Galiza estará presente en Lisboa e Porto, onde se recreará unha zona de augas e un gran spa urbano que gratuitamente se porá a disposición de todas as persoas que o visiten.

Co fin de mostrar que a auga en Galiza se pode gozar de moitos xeitos distintos, Turgaliza informará sobre a oferta turística do país, nun espazo de 500 metros cadrados na que se distribuirán varias zonas.

Na primeira zona, o auga bar, o visitante poderá refrescarse e prepararse para a masaxe que recibirá a continuación, nunha área de relaxación ambientada con música chill out e decorada con pantallas de plasma nas que se proxectarán imaxes turísticas de Galiza e onde se poderán degustar diferentes tipos e marcas de auga galega.

Nesta degustación, en Barcelona, colaborarán de xeito desinteresado as marcas de auga embotellada Cabreiroá, Mondariz, Sousas, Fontenova e Fontecelta.

A continuación, na área spa, formada por 5 cabinas de masaxe, as persoas que se acheguen aos anteditos centros comerciais poderán elixir entre masaxes faciais, de colo ou costas que recibirán de xeito gratuíto de mans dun profesional nunha atmosfera diáfana, ambientada con diferentes músicas.

Para concluír o percorrido, na terceira área accederase a toda a información turística de Galiza. Ademais, o usuario poderá crear a súa propia burbulla de sales, escollendo entre todas as que estarán dispostas nos numerosos pebeteiros, para levar como lembranza unha mostra da promoción e a auga de Galiza.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com