ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*As consellarías de Innovación e Industria e do Medio Rural colaboran na posta en marcha dun proxecto de aproveitamento da biomasa nunha comunidade de montes de Ponteareas

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 14 de xuño de 2007 Os conselleiros de Innovación e Industria e do Medio Rural, Fernando Blanco e Alfredo Suárez Canal, e máis os presidentes da Asociación Forestal de Galiza e da Comunidade de Montes en Man Común de Xinzo (Ponteareas), Francisco Fernández e Carmen Boentes, respectivamente, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para o fomento do aproveitamento enerxético da biomasa forestal primaria.

En virtude do convenio asinado hoxe, dotarase á Comunidade de Montes do equipamento e maquinaria forestal necesarios para realizar o aproveitamento mecanizado da biomasa forestal primaria que produce o monte, así como de dúas naves, unha para almacenar e protexer a estela procedente da biomasa e outra, para a produción de calor e auga quente. De igual xeito, no marco do convenio analizaranse e perfeccionaranse os sistemas de colleita, transporte e esteado da biomasa; avaliaranse os rendementos e os custes reais dos equipos e maquinaria dedicados a este fin; analizarase e avaliarase o sistema de combustión e de alimentación, incluíndo as características da materia prima; e, por último, difundirase o sistema entre expertos, outras comunidades de montes e silvicultores galegos.

Para pór en marcha o proxecto achegarase un total de 265.859 euros, dos que 72.059 serán aportados pola comunidade de montes mentres que as Consellarías do Medio Rural e Innovación e Industria (esta última a través do Instituto Enerxético de Galiza, o INEGA) achegarán 96.900 euros cada unha. Pola súa banda, a Asociación Forestal de Galiza asume todos os gastos de asistencia á comunidade de montes durante a execución do proxecto, o seguimento e avaliación do funcionamento e difusión do modelo, traballos que están valorados en 11.000 euros.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com