ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Marítima
Sección coordinada por Jaime Vázquez Miraz

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns


*O CEIDA e o CETMAR organizan un seminario de Responsabilidade Social Empresarial dirixido ao sector pesqueiro
· O evento celebrarase o próximo luns no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros

Publicidade:

Chuza! esta nova!
Redacción 12 de xuño de 2007 O CEIDA, o CETMAR e a Universidade de Vigo organizan para o próximo luns, 18 de xuño, un seminario de Responsabilidade Social Empresarial co obxectivo de buscar o equilibrio entre o desenvolvemento económico, social e ambiental no sector pesqueiro de baixura e marisqueiro. O evento celebrarase no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros, sede do CEIDA.

Este é o segundo seminario do Proxecto Serea que está cofinanciado polo Fondo Social Europeo e pretende impulsar a creación dun modelo e estrutura estable para o desenvolvemento socioeconómico e laboral no sector.

A inscrición é gratuíta e está destinada a traballadores e empresarios do sector da pesca, organizacións e confrarías de pescadores e administracións relacionadas con este sector.

Os interesados poderán apuntarse no 981 630 618 ou na páxina web www.ceida.org.

Voltar a Marítima
Ir á Portada
Ver Anteriores

Publicidade:

Creative Commons License
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-CompartirIgual 2.5 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com