ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*A Asociación de Clubs Galegos de Fútbol traballa nun dossier sobre a Mutualidade Deportiva
· Pese ás promesas da Federación Galega, a Comisión Delegada segue sen ser convocada o que incumpre claramente o estabelecido
· Na páxina web oficial da Federación Galega, continúa Xullo Meana como presidente e o resto de inhabilitados nos seus cargos en contra da resolución da Xunta de Galiza


Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 06 de xuño de 2007 A Xunta Directiva da Asociación de Clubs Galegos de Fútbol celebrou na tarde-noite de onte a súa reunión mensual na sede de Santiago de Compostela, na que estiveron presentes a práctica totalidade dos seus compoñentes, entre eles o actual Presidente, Plácido Díaz e o Vicepresidente e candidato á Presidencia da Federación Galega, Antonio Pérez González.

Un dos puntos tratados volveu ser a Comisión Delegada da Galega, que pese ás promesas dun dos seus vicepresidentes en diferentes medios de comunicación non foi convocada ata a data. Esta Comisión que leva constituída desde hai máis de cinco meses, ten que reunirse como mínimo cada catro meses. Unha vez máis a Asociación entende que a Federación segue actuando con total falta de respecto ao estabelecido. Contrasta que a Asociación teña unha reunión mensual (seis no que vai de ano), mentres que a Federación só se reunise en dúas ocasións, e a Delegada en ningunha.

Por outra banda desde a Asociación detectouse que na páxina web oficial da Galega continúa figurando Xullo Meana como Presidente, así como o resto dos inhabilitados e esixe a inmediata corrección. Ademais, pregúntase a Asociación, quen vai a costear os gastos do avogado desprazado pola Española, Emilio García Silvero, para defender a Meana e o seu grupo, teméndose moito que novamente o fútbol sexa o que soporte os honorarios, sexa a Galega ou a Española. O honesto sería que estes señores se costearan do seu peto a súa defensa legal.

Para rematar aprobouse continuar os traballos encamiñados á confección dun amplo dossier sobre a Mutualidade Deportiva, á que rodea unha gran opacidade e un manifesto escurantismo. Do mesmo xeito que ocorrera no tema da Galega estase recompilando información, que se fará pública no momento que conclúan os traballos respecto diso. Este tema preocupa e moito no mundo do fútbol, e crese que podemos estar ante un novo caso delicado e hai un elevado interese entre os responsábeis deportivos do fútbol en esclarecer dunha vez por todas esta situación.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com