Redacción 04 de xuño de 2007 A Consellaría de Cultura reunirá o vindeiro 6 de xuño en Bruxelas a tres artistas galegas Uxía, Guadi Galego e Verónica Codesal que estarán acompañadas polos músicos Didier Laloy ,Pascal Chardome,Cédric Waterschoot e Osvaldo Hernandez no espectáculo `Ida e Volta'.
As composicións do trío Ad Cominotto darán paso ás voces das cantantes galegas que xa contan cunha ampla traxectoria no panorama musical nacional e internacional. Por unha banda, Verónica Codesal apontou a súa experiencia musical en grupos como Ialma e Urban Trad. Por outro lado, Uxia xa erixida como unha das voces máis internacionais da cultura galega, consolidou un estilo propio mesturando as cancións tradicionais coa poesia máis contemporánea. As dúas artistas xunto a Guadi Galego, voz do grupo Berrogüetto e intérprete de Espido, trasladarán o son galego máis actual á capital belga.
No espectáculo `Ida e volta' as artistas galegas estarán acompañadas polos músicos Didier Laloy ao acordeón diatónico, Pascal Chardome á guitarra, Cédric Waterschoot ao baixo e Osvaldo Hernandez á percusión. Este proxecto imaxinado por Muziekpublique ten como próposito repetirse noutros lugares.