ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Un representante da FAO amosa o seu interese polo Banco de Terras e os proxectos LEADER de Galiza

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 31 de xullo de 2007 Os directores xerais de Estruturas e Infraestruturas Agrarias, Xosé Carballido, e de Desenvolvemento Rural, Edelmiro López, mantiveron esta mañá unha xuntanza con Richard Eberlin, oficial de Tenencia da Terra da Oficina Rexional da FAO para Europa e Asia, que amosou o seu interese por coñecer o funcionamento do Banco de Terras de Galiza. Unha iniciativa impulsada pola Consellaría do Medio Rural que, a partir do vindeiro outono, permitirá valorizar as terras con aptitude agraria que nestes intres estean infrautilizadas ou mesmo abandonadas a través dun mecanismo público de intermediación entre os propietarios das terras e aqueles agricultores e gandeiros que as precisen para ampliar a base territorial das súas explotacións. Precisamente, o representante da FAO tivo coñecemento desta experiencia durante unha conferencia celebrada en Praga sobre concentración parcelaria e outros instrumentos de xestión de terras, no marco do chamado Proxecto Farland, no que tamén participa Galiza.

Polo demais, na xuntanza, Richard Eberlin trasladoulles a Xosé Carballido e Edelmiro López a visión que ten a súa organización respecto das distintas fórmulas de xestión das terras agrarias (o propio Banco de Terras, a concentración parcelaria, as infraestruturas viarias, de regadíos...) e a súa relación co desenvolvemento rural dun determinado territorio.

Así mesmo, o representante da Oficina da ONU para a Agricultura e a Alimentación, que ten raíces galegas e está pasando as súas vacacións na localidade pontevedresa de Cangas, tamén se interesou polo desenvolvemento dos proxectos Leader no noso País. Este tipo de programas europeos intentan paliar varios dos problemas que afectan nestes intres ao medio rural, como o envellecemento da poboación e o seu éxodo cara zonas urbanas.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com