ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*En resposta ao BNG, o Goberno Central recoñece que, a diferencia do resto do Estado, dende 2004 o número de falecidos en accidentes de tránsito en Galiza non se reduciu
· Francisco Rodríguez considera que “non se debería pór o acento só en castigar ao conductores” e que o Goberno “debería preocuparse igualmente polo mal estado de moitas estradas de titularidade estatal”, como a AP-9

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 31 de xullo de 2007 En resposta a unha pergunta do portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Rodríguez, o Goberno Central recoñece que a evolución dos accidentes mortais en Galiza non é positiva, a diferencia do resto do Estado onde, en conxunto, dende 2004 houbo unha reducción do número de falecidos na estrada.

En concreto, e tal como se observa no gráfico que se adxunta na resposta do Goberno ao deputado do BNG, mentres que no conxunto do Estado o numero de falecidos en accidentes de tránsito descendeu dende os perto de 800 anuais en 2004 até os algo maís de 600 en 2006, en Galiza “obsérvase que, dende 2004, as variacións foron pequenas, situándose por debaixo de 65 o número de accidentes e mortos”.

Deficitario estado das estradas en Galiza
Francisco Rodríguez interesábase na súa pergunta polo balanzo da sinistralidade nas estradas durante a pasada Semana Santa e as medidas do Goberno ao respeito.

A este respeito, o parlamentario nacionalista alertaba ao Goberno de que “concentrar todas as espectativas nunha medida -o carné por pontos- é, cando menos, pouco realista e moi simplista, posto que o problema da seguridade vial precisa de múltiples actuacións dende ámbitos distintos”.

En concreto, Rodríguez demándáballe ao Goberno que en Galiza non debería poñer só o acento en castigar aos conductores, senón que “debería preocuparse igualmente polo estado de moitas estradas de titularidade estatal en malas condicións, mal sinalizadas ou con trazados perigosos”. Puña como exemplo a A P-9 “onde se cobran elevadas peaxes aos usuarios cando teñen que transitar por un vial que está en moi malas condicións en moitos dos seus tramos, un mal que precisa de moito pouco esforzo por parte do Goberno: reclamar á concesionaria da autotopista a mellora da estrada”.

O Goberno non informa sobre canto vai investir en seguridade vial en Galiza no 2007
Polo demais, o Goberno non responde a unha pergunta de Francisco Rodríguez sobre a canto vai ascender o investimento en seguridade vial en Galiza en 2007, alegando que “a actividade de Seguridade Vial e o tráfico dentro de España non coñecen límites puramente políticos ou administrativos que, para a circulación e o transporte, son puramente artificiais”.

Só responde que en canto ás actuacións do Goberno en materia de seguridade vial en Galiza “está previsto ampliar a rede de radares fixos e incrementar as labores de vixianza dende helicópteros da DXT e a licitación do proxecto de Xestión de Tránsito na AP-9”.

Por último, tampouco informa sobre o número de efectivos da Garda Civil de Tráfico que se destinarán a Galiza das 9.000 prazas de gardas civís a convocar este ano, cinguindo a súa resposta a que durante o presente 2007 incrementáronse en 50 efectivos os postos de traballo da Agrupación de Tráfico en Galiza.

Preme aqui para descargar a resposta do Goberno Central ao BNG.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com