ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*A formación Pradairo abre en Lucí o programa de artes musicais XprésaTe-Ho!

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 26 de xullo de 2007 A formación Folk Pradrairo abre mañá venres o programa de artes musicais XprésaTe-Ho!, organizado polo Departamento de Cultura do Concello de Teo. A primeira actuación será no campo da festa da parroquia de Lucí e comezará a partir das 22,30 horas.

Esta agrupación musical encaixa co lema do programa, “Cultura de Teo, Cultura para Teo”, xa que segundo explica José Antonio Ferreira, membro da formación, “nove dos dez integrantes de Pradairo temos unha forte vinculación con este municipio, vén sexa porque vivimos aquí ou porque os nosos pais son veciños teenses”.

Pradairo nace da fusión de dúas formacións musicais, o grupo de pandeireteiras de Compostela Acibeche, e a agrupación de corte instrumental de Teo Xa son faif. José Antonio Ferreira explica que a súa música “é unha reinterpretación da tradición, mesturando as diferentes vertentes tradicionais”. O espectáculo que presentan en Lucí este venres “leva por nome Abano, e dura entre unha hora e hora e media, con temas vocais e instrumentais” continúa Ferreira.

Pradairo nace no outono de 2006, mais este 2007 está sendo moi produtivo para eles. Entre febreiro e marzo gravan unha primeira maqueta nos estudos de son da Radio Galega e en maio deste ano gañan o primeiro premio do Certame de Grupos Folk Radio Obradoiro organizado polo grupo Correo Galego. Este premio consiste na gravación dun disco que están ultimando nestes momentos. “Estamos rematando de facer os temas que gravaremos a finais deste ano” explica José Antonio. Está previsto que o disco, que terá ó redor de 12 pezas saia ó mercado na primavera de 2008.

As próximas actuacións de Pradairo serán o 25 de agosto na localidade pontevedresa de O Viso, no Festival Lúa Meiga e o 7 de setembro en Fene.

Carme Hermida, concelleira de Cultura de Teo, explicaba na presentación da programación Verán Cultural Te07, que nesta nova etapa, preténdese descentralizar as actividades, sacar a cultura á rúa e implicar aos creadores locais.

Verán cultural
Mais a programación cultural no verán do concello non remata coa música. Este domingo 29 de xullo proxectarase a película Piratas do Caribe no campo da festa de Cacheiras. Se o tempo non acompaña e non se pode realizar ó aire libre, a proxección terá lugar no local da Asociación Rosalía de Castro. Esta actividade está enmarcada no programa Noites de cine, en colaboración coa Deputación da Coruña e está dirixido a toda a familia.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com