ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*A Mostra de Teatro Afeccionado do Condado arrancou con éxito de público

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 26 de xullo de 2007 Na noite do 25 de Xullo botou a andar a 6ª edición da Mostra de Teatro Afeccionado do Condado con éxito de participación e do grupo que levantou o pano. “Os sete magníficos mais un” deleitaron aos asistentes cun espectáculo cheo de humor durante máis dunha hora.

A Mostra continua até o sábado 28, na que pechará por este ano cun espectáculo infantil a partir das 20:00h e o último nocturno ás 22:30h.

O xoves 26 de Outubro é a quenda para Ankarellos T.atro, unha formación de recente constitución en Ponteareas que tamén levarán o humor á Carballeira das Fraguiñas.

Cambios no programa
Por motivos de forza maior, a organización viuse obrigada a modificar un dos grupos participantes. Así, a Aula de Teatro de Pontevedra non poderá asistir á Mostra e no seu lugar veñen, tamén dende Pontevedra, Teátrica, baixo a dirección de Miro Magariños.
O programa final é o seguinte:

26 de xullo ás 22:30 h:
Grupo de teatro: Ankarellos t.atro (Ponteareas)
Obra representada: Témola armada

27 de xullo ás 22:30 h:
Grupo de teatro: Achádego teatro (Lugo)
Obra representada: A confusión de María Balteira

28 de xullo ás 20:00 h:
Grupo de teatro: Peter punk (O Rosal)
Obra representada: (animación infantil)

28 de xullo ás 22:30 h:
Grupo de Teatro: Teátrica (Pontevedra)
Obra representada: A farsa do avogado

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com