ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Miles de persoas celebran o día da Patria Galega co BNG en Compostela
· Unhas 25.000 persoas encheron a Praza da Quintana

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 26 de xullo de 2007 Onte Galiza celebraba o seu día, e como ven sendo cotiá o nacionalismo galego da man do BNG fai balazo e renova forzas para os vindeiros retos. Na tradicional manifestación e posterior arenga convocada polo BNGxuntáronse desta volta unhas 25.000 persoas, facendo pequena a Praza da Quintana. Garantir o dereito da nación galega a existir como tal e a exercer o seu dereito de autodeterminación o repaso aos logros eleitorais conseguidos e poñer na mente de todas e todos as vindeiras eleccións estatais, foron o eixo dos descursos da Secretaria Xeral de Galiza Nova Iria Aboi, e do Portavoz Nacional do Bloque, Anxo Quintana.

O líder nacionalista celebrou que Galiza "é hoxe máis nación, aínda sen estatuto, porque somos máis os que queremos que teña o Estatuto de Nación que merece e precisa".

Referencia aos votantes galegos e galegas do PP
Neste sentido, mostrouse convencido de que "hai moita xente no PP farta de ver como a dereita española condena a Galiza a ser sempre de segunda, a renunciar aos seus soños e a ver fracasar as súas oportunidades".

A todo ese colectivo, Quintana pídelles "en nome do sentimento por este país que nos une, que camiñen xunto a nós, que traballen con nós para que Galiza teña un Estatuto de todos que coloque o noso país no lugar que se merece".

Necesidade de que o BNG teña máis forza en Madrid
Por outra parte, o portavoz nacional do BNG incidiu na importancia de que Galiza teña unha representación en Madrid "crítica e decisiva, un representación tal que quen queira gobernar o Estado necesite imperiosamente tela ao seu carón".

Por iso, salientou que as próximas eleccións xerais "son a oportunidade para que o nacionalismo galego pese e decida na política estatal, e iso, amigas e amigos, conséguese con traballo, compromiso e votos".

Por outra banda Iria Aboi, quen fixo o descurso inicial, loubou o traballo dos que "deixaron os mellores anos da súas mocidade traballando polo país" e afirmou sentirse orgullosa de formar parte deste proxecto. Tamén animou á toda a mocidade a dar o paso e unirse a Galiza Nova para garantir o futuro do nacionalismo e porén o futuro de Galiza.

Criticou duramente ao PP afirmando que "quen non apoian o decreto para que poidamos estudar na nosa língua e logo fan homenaxes a Rosaía e Castelao prostitúen estes símbolos da nación"

A xornada lúdico-reivindicativa transcorreu sen incidencias e rematou co tradicional canto do Himno Nacional por todas e todos os asistentes.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com