ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O Instituto Galego de Consumo inmobilizou cautelarmente até onte 4.245 dentífricos con indicios de irregularidades

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 10 de xullo de 2007 A Consellaría de Innovación e Industria, por medio do Instituto Galego de Consumo, intensificou o seu labor de control de mercado, a través da Inspección de Consumo de Galiza, dirixida á detección no comercio galego de existencias de produtos de hixiene persoal, concretamente dentífricos, que revistan indicios de irregularidade de acordo cos datos procedentes da FDA (Axencia do Goberno dos Estados Unidos de América responsables da regulación de medicamentos) e da AEMPS (Axencia Española do Medicamento e Produtos Sanitarios).

Os labores de inspección que están realizando os efectivos da Inspección de Consumo consisten na localización, comprobación e control de pastas dentais, que pola súa presentación, conteñan indicios de irregularidade por coincidir coas características das cremas dentais falsificadas que foron localizadas nun principio nos Estados Unidos de América e que poden conter un compoñente de “dietilenglicol”, en cantidades superiores ás permitidas para o uso humano.

Nos casos de localización de dentífricos con tales indicios, en contacto permanente e colaboración coa Consellería de Sanidade e co Instituto Nacional de Consumo, a Inspección de Consumo está procedendo á toma de mostras do produto e á inmobilización cautelar de todas as unidades detectadas, remitindo as mostras ao CICC (Centro de Investigación e Control da Calidade do Instituto Nacional de Consumo), para a súa análise.

O Instituto Galego de Consumo ordenou inmobilizar (até onte, día 9) 4.245 unidades destes produtos en toda Galiza, correspondentes a 40 produtos . Por provincias, en Pontevedra inmobilizáronse 3.088 unidades (de 10 produtos), 834 (de 16 dentífricos) na Coruña, 206 (de 8produtos) en Lugo e 117 (de 6) en Ourense.

Por outra banda, o Instituto Galego de Consumo informa aos consumidores de que, de acordo coa normativa vixente, os dentífricos son produtos de hixiene persoal que deben ser obxecto de autorización sanitaria de comercialización outorgada pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios, e así mesmo, no etiquetado destes produtos debe incorporarse o número de rexistro sanitario. Ademais, como calquera produto posto á venda no mercado estatal, a súa etiquetaxe debe figurar, polo menos en idioma español, podendo figurar tamén en galego, noutras linguas cooficiais do Estado ou doutros Estados da Unión Europea.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com