ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*O BNG aposta por “democratizar” a Deputación de Lugo dando presenza a todos os grupos políticos nos seus organismos
· Antón Bao aposta por “non duplicar compentencias” coa Xunta de Galiza e por que a principal función da Deputación sexa a de “cooperar e prestar asistencia aos Concellos da provincia”

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 10 de xullo de 2007 BNG e PSOE comezaron a negociar un Goberno conxunto para a Deputación de Lugo nunha primeira xuntanza de preto de tres horas de duración co obxectivo de ter pechado un pacto de Goberno antes da constitución da institución provincial, prevista para o vindeiro sábado.

No entanto, o actual voceiro do BNG na Deputación, Antón Bao, que xunto aos outros dous deputados nacionalistas, María Xosé Vega Buxán e Antonio Veiga, integran a comisión negociadora do Bloque, xa advertiu que “as negociacións que hoxe comezan non son un mero trámite e serán longas” posto que, dixo, “hai moitas cousas que cambiar na Deputación de Lugo”.

Na reunión de onte BNG e PSOE acordaron, a proposta do BNG, “abrir a Deputación Provincial” e dar presenza a todos os grupos políticos nos distintos órganos e comisións, como na xunta de compras, así como nos organismos dependentes da Deputación, coma por exemplo o Inludes. Bao explicou que esta é unha vella demanda do BNG, defendida durante moitos anos na oposición, e que agora aplicará dende o Goberno da institución provincial como unha medida necesaria para “democratizar” a Deputación.

Con este mesmo obxectivo, BNG e PSOE crearán uns criterios obxectivos para a concesión de subvencións co obxectivo de que as axudas non sexan repartidas de xeito clientelar. Bao criticou o criterio “personalista” que tivo a Deputación de Lugo nos 24 anos de presidencia de Francisco Cacharro Pardo e dixo que “son prácticas que hai que desterrar”.

Transferir á Xunta as competencias en Sanidade e Polígonos Industriais

O BNG aposta por “non duplicar competencias” con outras institucións e por iso defende que a Deputación de Lugo transfira á Xunta de Galiza a xestión dos hospitais privinciais así como a creación de solo empresarial que exerce a Sociedade Urbanística Provincial. “Non é lóxico que se a Xunta ten as competencias en Sanidade a Deputación teña hospitais, do mesmo xeito que non é lóxico que se a Xunta deseña e pon en marcha a política industiral a Deputación constrúa polígonos industriais que non se encardinan nun deseño estratéxico a nivel galego e que en moitos casos mesmo son competencia para o solo empresarial creado pola Xunta”, argumentou o voceiro nacionalista na institución provincial.

Para o BNG, o principal cometido da Deputación ten que ser o de “colaborar e prestar asistencia aos Concellos da provincia” en materia legal, contable, urbanística ou mesmo de servizos pero nunca ser “un contrapoder” á Xunta.

Nova estrutura repartida en 8 áreas

Con este obxectivo, BNG e PSOE fixeron un primeiro deseño de áreas para a Deputación pensado para que sexa “útil” aos Concellos e cidadáns da provincia e para “gañar eficacia”. Así, o novo organigrama do Goberno estaría dividido en oito áreas:

1. Facenda, Economía e Contas
2. Benestar Social e Igualdade
3. Promoción Económica e Turismo
4. Cooperación e Asistencia aos Concellos
5. Persoal e Réxime Interior
6. Cultura, Patrimonio e Deportes
7. Urbanismo e Medio Ambiente
8. Infraestruturas

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com