ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Os soños que volven, novo disco de Susana Seivane

Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 2 de xullo de 2009 Susana Seivane presentou hoxe o seu cuarto traballo discográfico, Os soños que volven, no Obradoiro de Gaitas da súa familia en Cecebre, Cambre. Despois dunha breve e simpática introducción a cargo do dúo humorístico As Cantareiras de Ardebullo, Susana falou dos pormenores deste novo CD que sairá ao mercado o vindeiro luns día 6 de xullo.

Trátase dun disco producido polo propio selo discográfico de Susana, “Enavíes Música”. Contén 14 títulos que suxiren momentos e lugares de especial transcendencia na súa vida. Temas que ela toca dende os seus primeiros pasos como gaiteira. Soños da súa infancia que quere retomar no presente interpretados, do xeito máis enxebre, pola súa gaita e a súa voz, sobre unha base de arranxos contemporáneos, frescos e impactantes.

Na gravación, que se realizou tamén nos estudios de Enavíes Música, participaron colaboradores e invitados da talla de Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Harry Price, Pedro Lamas, O Caruncho, e un largo etcétera de músicos relacionados dun xeito ou outro ca música tradicional galega.

Susana subliñou que non produce este disco ca idea de facer negocio, senón co desexo de que a súa música poida estar ao alcance de todo o mundo. É por esto que o CD sairá ao mercado a un prezo de tan só 9,95 euros.

A presentación oficial ao público terá lugar no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira. Susana prepara un gran concerto no que se poderán escoitar en directo moitos dos temas deste novo traballo. Será máis de hora e media de música que a artista galega ofrecerá acompañada, ademais da súa banda habitual, dos convidados que participaron na gravación do disco.

Á pregunta de un periodista sobre os concertos deste verán, Susana comentou que, despois do Festival de Ortigueira continuará a súa xira por Galicia en Muros, Ponteareas, Narón, Bueu, Miño e Malpica entre outros. Tamén viaxará a Franza para ofrecer dous concertos no Festival Intercéltico de Lorient co gallo da celebración do ano de Galiza.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2008 ArroutadaNoticias.com