ArroutadaNoticias.com, as novas galegas na rede!

Novas

Publicidade
Contacto
Portada
Marítima
Internacional
Anteriores
Opinión
Cociña
Cinema
Foros
Ligazóns

*Reclaman que Indiana Jones fale galego
• As Mocidades da Mesa exíxenlle á Xunta que o filme Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal teña versión na nosa lingua
• A distribuidora Paramount xa lle confirmou á Generalitat a dobraxe catalá


Publicidade:


Chuza! esta nova!
Redacción 10 de xaneiro de 2008 A sección xuvenil da Mesa pola Normalización Lingüística dirixiuse á Secretaría Xeral de Política Lingüística, dependente da Presidencia da Xunta, para que se dobre ao galego o filme Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal. O próximo título de Spielberg, novamente protagonizado por Harrison Ford, chegará ás carteleiras de toda Galiza o próximo 22 de maio.

O obxectivo que centrará o traballo das Mocidades da Mesa nas próxima semanas será conseguir que Indiana Jones e o Reino da Caveira de Cristal si se dobre ao galego, pois “ten todas as expectativas de ser un filme de grande éxito e o público de Galiza debe ter garantido o dereito de poder ver esta estrea no seu idioma”.

Desde a Mocidade pola Normalización Lingüística salientan que “os mozos e mozas de Galiza, especialmente nas zonas urbanas e para o noso tempo de lecer, temos poucos espazos da nosa vida nos que poidamos desenvolvernos normalmente en galego”, mais lamentan que a Secretaría Xeral de Política Lingüística “non actúa para corrixir a situación”.

Como “exemplo evidente” do que consideran unha “deixadez de funcións” por parte de Política Lingüística é que este departamento “non está a traballar para que se apliquen as medidas sobre audiovisual que contén o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, que o Parlamento aprobou por unanimidade en 2004 e que recolle no seu acordo de goberno o bipartito”.

Concretamente, a entidade xuvenil lembra que o antedito Plan Xeral estabelece que se deben dobrar “polo menos 10 filmes ao ano, entre os que presenten maiores expectativas comerciais”. “Isto aprobouse en 2004, mais non é só que non se aplicase, o máis grave é que desde Política Lingüística nin tan sequera se levantou o teléfono para negociar coas distribuidoras”, argumentan.

Voltar á Portada
Ver anteriores

Publicidade:

Licenza Creative Commons
Todo o contido deste web, agás no que se especifique o contrario,
está baixo unha licenza Recoñecemento-Compartir baixo a mesma licenza. 3.0 de Creative Commons.

© 2007 ArroutadaNoticias.com